• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Nace ABANCA Servicios Financieros co obxectivo de crecer en crédito ao consumo en España e Portugal

  • A entidade pecha a compra de Popular Servicios Financieros e lanza unha nova marca comercial na que integra a súa división de Consumer Finance
  • A compañía, quinta financeira bancaria de consumo en España, crece en 2017 por riba deste dinámico sector
  • ABANCA fixa como obxectivo superar os 800 millóns en novo negocio en tres anos

A nova marca ABANCA Servicios Financieros lucirá desde hoxe en todas as oficinas comerciais da financeira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-09-2017
Negocio

ABANCA pechou a compra de Popular Servicios Financieros (PSF), a antiga financeira ao consumo de Banco Pastor, tras recibir a autorización do Banco de España á operación de compravenda acordada con Banco Popular no mes de maio.

Unha vez concluídos os trámites legais e formalizada a compra do 100% do capital, a entidade financeira galega iniciou o proceso de integración de ABANCA Consumer Finance e PSF, que pasa a chamarse ABANCA Servicios FinancierosSerás redirixido a outro sitio web.

ABANCA Servicios Financieros é a quinta financeira de consumo dependente dun banco en España. É líder neste mercado no financiamento ao consumo mediante tarxetas privativas e mantén máis de 15.000 acordos con comercios e concesionarios en España e Portugal, cunha alta xeración de clientes. A súa carteira de créditos ascende a 193 millóns de euros (dato ao peche de 2016 de PSF). A estas cifras de negocio súmanse a solvencia, capital, tecnoloxía e impulso ao financiamento do automóbil e tarxetas de crédito que achega ABANCA, xunto á súa posición de liderado no noroeste español.

Sede en Galicia e mantemento do emprego

A compañía ten a súa sede en Galicia e conta cun total de 15 oficinas comerciais distribuídas pola xeografía española e Portugal, país no que está previsto aumentar a súa presenza. Operará cun equipo de máis dun centenar de profesionais especializados neste segmento de crédito. O persoal de PSF mantense na compañía e non cambia de sociedade.

ABANCA Servicios Financieros ten a misión de incrementar o negocio de financiamento ao consumo en España e Portugal e situarse como unha das entidades de referencia no sector, nun dos segmentos máis rendibles e con maior crecemento. Con datos agregados, as dúas sociedades que agora se integran rexistraron entre xaneiro e agosto deste ano un crecemento no investimento superior ao 22%, moi por riba da media do conxunto do sector.

O plan de negocio da financeira de ABANCA contempla unha cifra de créditos superior aos 800 millóns de euros no próximos tres anos e o seu posicionamento como financeira ao consumo líder no noroeste español. Para alcanzar estes obxectivos, priorizará os negocios de financiamento ao consumo, automóbil, préstamos persoais e tarxetas de crédito, así como a comercialización de seguros, nunha contorna económica favorable na Península Ibérica.

Plan de integración

O plan de integración da unidade de negocio de ABANCA Consumer en ABANCA Servicios Financieros comezou coa substitución da antiga marca comercial. A nova imaxe, con esquema de deseño e principios corporativos coincidentes con logotipo principal do banco, lucirá desde hoxe en todas as oficinas comerciais e elementos de comunicación. Para as canles online, ABANCA Servicios Financieros preséntase co dominio Abancaserfin.comSerás redirixido a outro sitio web.

Paralelamente ao cambio de marca, iniciouse a integración dos sistemas informáticos das divisións orixinarias, traballos que se prolongarán ata final de ano. A unión efectiva do negocio completarase, previsiblemente, durante a primavera de 2018 tanto en España como en Portugal.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA renova o seu compromiso coa Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’

09-09-2025
Negocio

ABANCA e a Federación Galega de Redeiras Artesás ‘Ou Peirao’ formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de fomentar o crecemento económico e apoiar a modernización da actividade profesional desenvolvida polas redeiras.

Acordo entre ABANCA e as redeiras

ABANCA activa os envíos de diñeiro internacionais a través de Bizum

31-07-2025
Negocio

Os clientes de ABANCA xa poden intercambiar pagos instantáneos a través de Bizum con usuarios de Portugal e Italia.

Operatoria internacional de Bizum
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .