• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Nace ABANCA, un banco para Galicia

ABANCA é un nome en galego, para un banco con alma de caixa que nace co obxectivo de merecer servir aos galegos

26-06-2014
Corporativo

“Hoxe é o gran día. Hoxe nace ABANCA, un banco para Galicia, o banco dos galegos, o banco galego no mundo”. Con estas palabras o vicepresidente desta entidade, Juan Carlos Escotet, anunciaba oficialmente a nova marca comercial da primeira entidade financeira galega nun emotivo acto celebrado en Santiago.

O evento celebrouse no auditorio que ABANCA ten na capital de Galicia, e nel interviñeron tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría, e o seu conselleiro delegado, Francisco Botas. Asistiron como invitados representantes de todos os sectores da sociedade galega, “un síntoma da relevancia desta institución para esta comunidade e da expectación xerada por esta nova etapa”, segundo o presidente del banco.

Despois dunha intensa semana que comezou o sábado cunha convención que reuniu na A Coruña a todos os empregados e empregadas da entidade e continuou coa celebración, o luns, da xunta xeral de accionistas, a data de hoxe estaba marcada como o primeiro día na historia da nova entidade, “un día de orgullo, de satisfacción, de emoción e de esperanza”, en palabras de Francisco Botas.

ABANCA é “un nome en galego, para un banco con alma de caixa que nace co obxectivo de merecer servir aos galegos”, en palabras de Juan Carlos Escotet. Nace despois dun exhaustivo proceso de investigación sobre a percepción da entidade na sociedade galega e no propio cadro de persoal do banco. Co azul e o branco como cores predominantes, a nova marca do banco galego irá acompañada dun lema, Sentir Común, “que aglutina todos os valores do novo banco que nace con esta marca: a responsabilidade, a confianza, a calidade, a sinxeleza, a innovación”, explicou. A actividade da primeira entidade financeira para implantar a súa nova identidade corporativa nestas horas é frenética. Entre esta noite e mañá cambiarase a marca na totalidade da rede de oficinas e caixeiros e en todos os puntos nos que estaba visible a anterior imaxe, como recintos deportivos ou culturais. O sábado 28 de xuño comezará unha intensa campaña de publicidade da nova marca, con presenza en web, redes sociais, prensa, radio, televisión e soportes exteriores.

Nova estratexia

A nova identidade corporativa de ABANCA compleméntase cun cambio de estratexia na actividade del banco. A nova entidade centrarase na banca minorista tradicional pero multicanle, máis orientada ao cliente e co foco no servizo a pemes e familias. A concesión de crédito –cun prudente control do risco- terá un papel estratéxico na nova etapa, na que se impulsará tamén o negocio internacional como vía para apoiar as empresas nos seus procesos de internacionalización. ABANCA é, a día de hoxe, unha das entidades financeiras españolas con mellores ratios de solvencia e liquidez. O banco pretende seguir reforzando durante os próximos anos o seu capital e liquidez, para garantir un crecemento sostible. ABANCA posúe un claro liderado en Galicia. É a primeira entidade en número de oficinas, duplicando ao seu seguinte competidor; xestiona preto do 40% dos aforros das familias e empresas galegas e é tamén o seu primeiro financiador. O novo banco reforzará o seu posicionamento trala integración con Banco Etcheverría, prevista para o cuarto trimestre deste ano. Unha vez culminada a fusión, ABANCA contará cunha rede de 694 oficinas en España (583 en Galicia) e outras 15 no estranxeiro. O cadro de persoal estará conformado por arredor de 4.700 profesionais.

Presenza en medios sociais

En liña coa súa estratexia de achegar o banco á sociedade e ofrecer o mellor servizo aos seus clientes, ABANCA conta con perfís oficiais nas principais redes sociais: https://twitter.com/SomosABANCA, https://www.facebook.com/SomosAbanca, YoutubeSerás redirixido a outro sitio web, https://plus.google.com/111772667796262511436/posts e flickr.com/photos/somosabanca (nesta plataforma están dispoñibles desde hoxe mesmo os elementos da nova imaxe corporativa).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .