• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

NCG Banco duplica a súa estrutura comercial en Galicia para impulsar o crédito e o servizo

  • Gabriel González Eiroa, novo director de Banca Minorista de Novagalicia
29-03-2014
Corporativo Financiero

NCG Banco duplicou de tres a seis o número de direccións territoriais en Galicia e creou outras dúas para xestionar o seu negocio fóra da Comunidade Autónoma. A medida orienta a entidade cara a un modelo de banca de proximidade que impulse o crédito ás familias e pemes e potencie o servizo aos clientes.

Baixo a supervisión de Gabriel González Eiroa, director de Banca Minorista, o equipo territorial está composto por seis directivos galegos: Jorge Martínez Martínez (Vigo). Gerardo Fuertes Ayerdi (A Coruña - Ferrol), Walter Álvarez Álvarez (Lugo), Rubén Saavedra Pedreira (Ourense), Carmen Fernández Penas (Pontevedra) e Juan Carlos Carneiro Caneda (Santiago).

A nova estrutura comercial complétase coa Dirección Territorial de León e Asturias, con Marcos Lamas Seoane como director, e coa Dirección Territorial do Resto de España, baixo a tutela de Julián Mateos-Aparicio Prieto.

Segundo o director xeneral corporativo de NCG Banco, Francisco Botas, “o novo proxecto empeza polo máis importante: o equipo, o negocio e os clientes, porque é aí onde debemos estar, ao carón dos aforradores e das empresas, e canto máis preto, mellor”.

DIRECTORES

GABRIEL GONZÁLEZ EIROA. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña. Incorpórase á entidade en 1995. Ata hoxe era o director comercial de Novagalicia banco.

GERARDO FUERTES AYERDI. Licenciado en Ciencias Económicas na Universidade da Coruña. Incorporouse a NCG Banco no ano 1995. En novembro de 2010 asumiu o posto de director territorial de Ourense. Ata hoxe desempeñaba o cargo de Director Territorial A Coruña.

WALTER ÁLVAREZ ÁLVAREZ. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. Incorporouse en 1992 á entidade. Foi director territorial de Lugo, Asturias e León. Até hoxe era director territorial de Pontevedra.

RUBÉN SAAVEDRA PEDREIRA. Realizou os seus estudos en Ciencias Empresariais na Universidade de Vigo. Iniciou a súa carreira profesional no banco en 1999. Desde decembro de 2001 e até hoxe fora director de zona de Ourense Centro.

CARMEN FERNÁNDEZ PENAS. Licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago. Incorporouse á entidade en 1999. Desde 2010 era a directora de zona do Porriño-Condado Paradanta.

JUAN CARLOS CARNEIRO CANEDA. Licenciado en Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago. En 1992 incorporouse á entidade. En 2011 foi nomeado director Territorial de Ourense. Era ata hoxe director territorial en Lugo-Ourense.

JORGE MARTÍNEZ MARTÍNEZ. Licenciado en Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. Traballou en Banco de Galicia, Caja España e Banco CEISS. Desde setembro era o director de rede de expansión en Banco Etcheverría.

MARCOS LAMAS SEOANE. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. En 2004 incorporouse ao Banco Etcheverría. Foi o responsable da integración das oficinas de Novagalicia Banco en León na rede da entidade con sede en Betanzos.

JULIÁN MATEOS-APARICIO PRIETO. Licenciado en Económicas e Empresariais pola Complutense de Madrid. Incorporouse á entidade en 2003. Desde o 2013 era director de división de UGAS NGB.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .