• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O CEIP As Solanas da Guarda e o colexio Divino Maestro de Santiago gañan a primeira edición do programa educativo Segura-Mente ABANCA

  • Preto de 71.000 escolares participaron neste certame posto en marcha pola Obra Social de ABANCA no marco do seu programa de educación financeira
  • Os participantes, escolares de entre 8 e 16 anos, puideron coñecer que é un seguro, para que serve e como pode axudarnos ante un imprevisto

Imaxe do traballo realizado polo equipo de 5º de Primaria do CEIP ‘As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo’ da Guarda.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Portada do proxecto presentado polo equipo de 4º de ESO do colexio 'Divino Maestro' de Santiago de Compostela.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-05-2019
RSC

Dous centros escolares galegos, o CEIP ‘As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo’ da Guarda (Pontevedra) e o colexio ‘Divino Maestro’ de Santiago de Compostela (A Coruña) resultaron gañadores da primeira edición do certame educativo Segura-Mente ABANCA, posto en marcha pola Obra Social do banco co obxectivo de sensibilizar aos escolares da importancia de previr riscos e como os seguros pódennos axudar a afrontar os imprevistos do día a día.

No proxecto participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 anos de 274 centros escolares de toda España, divididos en dúas categorías, unha para estudantes de 3º a 6º de Primaria, onde destacou o grupo de 5º de Primaria do centro da Guarda, e outra para alumnos e alumnas de 1º a 4º diso e FP Básica, na que se impuxo o equipo de 4º de ESO do colexio compostelán. Andalucía, con 20.194 participantes, Galicia, con 18.007, e Madrid, con 15.634, foron as comunidades autónomas que máis se implicaron co programa.

O alumnado de Primaria tivo que realizar un mural colaborativo con todas as cousas que lles gustaría asegurar, mentres que os participantes de secundaria e FP Básica tiveron que crear unha start-up no ámbito dos seguros pensada por e para adolescentes. O traballo incluía o desenvolvemento dun nome e logotipo para a empresa, ademais dunha breve explicación do seu modelo de negocio, estratexia de mercado e público obxectivo ao que vai dirixido. En ambas as dúas categorías, o xurado valorou a orixinalidade e creatividade da proposta, a súa singularidade e tamén a calidade á hora de presentar o traballo.

Para desenvolver estas tarefas os estudantes contaron co apoio dos seus docentes, a quen o banco facilitou os recursos didácticos necesarios para traballar na aula o concepto do seguro e fomentar no alumnado unha cultura da prevención que lles permitirá no futuro ter a capacidade crítica necesaria para afrontar de forma segura a toma de decisións e a resolución de conflitos.

Os equipos gañadores recibirán como recoñecemento unha experiencia educativa que poderá gozar toda a clase.

Seguramente ABANCASerás redirixido a outro sitio web foi unha das dúas grandes apostas do banco no ámbito da educación financeira para este curso escolar, xunto co programa de simulación empresarial Young Business Talents. Ambas as dúas iniciativas son froito da colaboración da entidade coa Fundación de las Cajas de Ahorros (Funcas) e forman parte do programa de educación financeira que desenvolve ABANCA desde 2015 e no que se enmarcan un amplo número de actividades dirixidas a mellorar a cultura financeira dos diferentes colectivos sociais, desde a infancia ata os maiores de 60 anos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .