O comercio galego vístese de azul
- As compras realizadas entre o 16 e o 30 de xuño poderán entrar no sorteo de 16.000 euros.
O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; xunto coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o director da Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, presentaron esta mañá a novidosa campaña http://www.diasazuis.com/.
Trátase dunha iniciativa que busca dinamizar o comercio galego de proximidade, incentivando as compras nas datas anteriores á tempada de rebaixas, desenrolándose entre o 16 e o 30 de xuño. As compras realizadas durante este tempo poden entrar no sorteo de 16.000 euros, repartidos en 68 tarxetas prepago regalo de 500, 300 e 150 euros, cedidas por ABANCA. Este sorteo terá lugar ante notario o día 5 de xullo.
O comercio galego vestirase de azul durante esta campaña, identificándose cun círculo azul grande, imaxe da iniciativa, e outros elementos corporativos. Ademáis, búscase promover o emprego das novas tecnoloxías tanto polos consumidores como por parte dos comerciantes. Deste xeito, os clientes dos establecementos galegos que queiran participar, poderán facelo a través dun SMS ó teléfono 981 099 093 co texto “DIASAZUIS”, seguido do seu nome e apelidos; ou ben rexistrando a compra a través da web da campaña www.diasazuis.com.
Premios ABANCA
De manera complementaria a esta campaña dirixida ós clientes, ABANCA e a Federación Galega de Comercio ofrecen ós establecementos a posibilidade de participar no sorteo de ata 4.000 euros. Os comercios que realicen vendas entre o 16 e o 30 de xuño a través de APLAZOS, o financiamento no punto de venda de ABANCA, ou dun TPV da entidade financeira, poderán gañar un dos premios de 1.000 euros que se repartirán en cada provincia. Os negocios adheridos obterán automáticamente unha participación neste sorteo por cada 100 euros de facturación.
A campaña “Días Azuis do comercio galego” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Conta coa colaboración de ABANCA, entidade que aporta os premios; así como das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.