• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O financiamento de ABANCA ás empresas galegas xera un impacto do 11,13% sobre o PIB da comunidade

  • Os recursos canalizados polo banco ao tecido produtivo galego supuxeron un impacto de 6.210 millóns en valor engadido bruto en 2015
  • En termos de emprego o impacto cífrase en 131.900 persoas, o 11,82% dos postos totais
  • A actividade vinculada máis directamente ao funcionamento do banco tradúcese nun impacto do 1,42% do PIB e do 1,43% do emprego de Galicia
  • A entidade dispón de 3.030 provedores na comunidade, aos que proporciona unha facturación anual total de 167 millóns de euros

Pedro Veiga. director xeral adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA, e Melchor Fernández, profesor da USC e coordinador do Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), durante a presentación do Informe.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Impacto económico da actividade de ABANCA en Galicia Informe elaborado polo Grupo de Análisis y Modelización Económica (GAME) da Universidade de Santiago de Compostela baixo a coordinación de Melchor Fernández. Ver ficheiro PDF
  • Presentación do Informe sobre o Impacto económico da actividade de ABANCA en Galicia Presentación cos principais datos do Informe sobre o impacto económico da actividade de ABANCA en Galicia Ver ficheiro PDF
19-05-2016
Corporativo

O volume de financiamento mantido por ABANCA coas empresas e autónomos galegos a peche de 2015 supón un impacto equivalente ao 11,13% do PIB da comunidade. En termos de emprego, o apoio do banco galego ao tecido produtivo de Galicia a través de financiamento tradúcese nun impacto cuantificable en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total da comunidade.

O estudo que dá lugar a estes resultados foi realizado con datos de 2015 polo Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de GaliciaSerás redirixido a outro sitio web (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo a coordinación do profesor e investigador Melchor Fernández, o traballo ofrece unha estimación do impacto total resultante da actividade do banco sobre a renda e o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Para cuantificalo tivéronse en conta dúas vías de influencia de ABANCA sobre a economía galega: en primeiro lugar, a súa actividade corporativa, que engloba as rendas salariais, a contratación de provedores, o mecenado e o pago de impostos; e en segundo, a actividade desenvolvida polas empresas ás que ABANCA proporciona financiamento.

Financiamento a empresas

ABANCA mantiña a peche de 2015 un volume de financiamento ao tecido empresarial galego de 8.035 millóns de euros. A entidade galega proporciona recursos para o desenvolvemento da súa actividade a 85.216 empresas e autónomos da comunidade, que en total empregan a 537.728 persoas. En termos porcentuais, o financiamento concedido por ABANCA chega ao 35% das empresas e autónomos galegos, repercutindo desta maneira sobre o 48% do emprego total da comunidade.

O financiamento concedido polo banco con sede en Galicia tradúcese nun impacto sobre a economía da comunidade, expresado en valor engadido bruto, de 6.210 millóns de euros, un 11,13% do PIB.

En emprego este impacto cífrase en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total xerado polas empresas e autónomos radicados na comunidade.

Actividade corporativa

ABANCA emprega en Galicia de maneira directa a 3.730 persoas, o 81,2% do seu persoal total. Esta cifra supón o 0,4% do emprego afiliado á Seguridade Social en Galicia e o 40% do total xerado polo seu sector financeiro.

Adicionalmente, o banco xera emprego en Galicia a través dos seus 3.030 provedores radicados na comunidade, aos que contrata máis do 80% dos bens e servizos que utiliza para o desenvolvemento da súa actividade. Estas empresas, que dan emprego a 73.593 persoas, reciben de ABANCA unha facturación anual total de 167 millóns de euros.

Outras palancas de creación de emprego son a actividade de AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web e os programas de mecenado, o efecto do pago de impostos, e o consumo xerado polos traballadores do banco e dos seus provedores na súa contorna máis próxima. En total, estas vías xeran un emprego indirecto e inducido de 12.194 persoas, cifra que sumada ao emprego directo supón un total de 15.924 postos xerados pola actividade corporativa do banco, o 1,43% do total da economía galega.

O impacto económico derivado desta actividade corporativa elévase ao 1,42% do PIB galego.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .