O IES Perdouro de Burela, gañador do programa de educación financeira Segura-Mente de ABANCA e Afundación
- O concurso escolar organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, contou coa participación de case 71.000 estudantes de toda España
A aula de 1º de ESO do IES Perdouro de Burela recibiu hoxe o premio nacional do programa de educación financeira Segura-Mente, impulsado por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación. Ao acto asistiron o director de Zona A Mariña de ABANCA, Carlos Teijeiro, e a responsable de seguros de ABANCA na zona A Mariña, Ana Belén Rodríguez. Ademais de entregar o cheque co premio, os representantes institucionais agradeceron ao alumnado e ao profesorado do centro a súa implicación co programa.
A aula gañadora deste instituto lucense poderá gozar dun premio de 1.000 euros en experiencias pola súa proposta de teatro sostible para difundir o patrimonio cultural da España baleirada.
‘Segura-Mente’
‘Segura-Mente’ é un xogo ameno e divertido a través do cal 70.600 alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria, E.S.O. e F.P. Básica de toda España puideron, durante o curso 2021-22, adquirir unha aprendizaxe significativa sobre finanzas mentres reforzaban os seus coñecementos de historia, arte, literatura e mesmo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Este programa educativo foi recoñecido polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) co premio ‘Finanzas para todos’ na categoría de ‘mellor iniciativa de educación financeira’.
Un proxecto de Afundación, a Obra Social de ABANCA
Ademais dos máis de 70.000 alumnos e alumnas participantes, esta edición de ‘Segura-Mente’ contou coa implicación de profesionais de ABANCA e Afundación, que se implicaron activamente co programa realizando de maneira voluntaria talleres para escolares de todo o territorio nacional.
O proxecto forma parte do programa de acción educativa que impulsan ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, cuxo obxectivo é achegar aos estudantes de todo o territorio español as ferramentas necesarias para ser adultos responsables e conscientes do futuro.