• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O IV Foro ABANCA Responsable centrarase na economía circular

  • O encontro que organiza a Obra Social ABANCA reunirá de novo este venres 25 de maio no Pazo de Iñás a un centenar de empresas galegas.
  • O conselleiro delgado de ABANCA, Francisco Botas, abrirá a xornada de traballo na que se dará a coñecer o concepto de economía circular e analizaranse algúns casos de éxito en Galicia.
21-05-2018
RSC

O Pazo de Iñás acollerá este venres 25 de maio a cuarta edición do Foro ABANCA Responsable, que se presenta baixo o título ‘Economía circular. Retos, iniciativas e inspiracións’. O conselleiro delegado de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Francisco Botas, abrirá ás 10.30 horas a xornada de traballo na que participarán un centenar de empresas galegas.

O encontro, organizado pola Obra Social ABANCA, ten como obxectivo dar a coñecer o concepto de economía circular e mostrar exemplos de iniciativas galegas de éxito neste ámbito. En concreto, compartirán a súa experiencia no marco deste foro Sogama, empresa pública autonómica ligada á política ambiental; Revertia, compañía viguesa centrada na reutilización e/ou reciclaxe dos residuos xerados nas organizacións, e Agroamb, empresa lucense dedicada á valorización dos residuos orgánicos do tecido industrial galego para o sector agrícola.

O programa previsto para a xornada inclúe tamén un breve relatorio sobre os desafíos ambientais aos que se enfrontan as organizacións na actualidade e o marco normativo europeo e nacional que regula este ámbito, así como unha dinámica de grupo para profundar na materia e favorecer o intercambio de coñecemento entre os asistentes.

As diferentes actividades que se desenvolverán ao longo do encontro teñen como fin último que os participantes poidan mellorar a xestión que realizan nas súas empresas, así como inspirarse para pór en marcha novas accións e liñas de negocio no ámbito da economía circular.

Esta será a cuarta sesión de traballo no marco do Foro ABANCA Responsable, creado pola Obra Social ABANCA en novembro de 2016 co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) en Galicia a través do fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas da comunidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .