• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O Observatorio ABANCA by IESIDE revela que os desprazamentos vacacionais fóra de Galicia baixan á metade en agosto

  • ABANCA presenta a quinta entrega do seu informe de análise de big data de medios de pago de clientes galegos, relativa ao período do 20 de xullo ao 30 de agosto
  • Tras o impulso de xullo, a actividade desacelerouse até situarse en niveis pre-covid e o gasto mantívose un 3,4% por baixo de agosto de 2019
  • Nas zonas con restricións, os rebrotes reduciron a actividade do lecer en 68 puntos respecto ao resto de áreas, mentres que o comercio minorista mostrou unha evolución interanual 17 puntos por debaixo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - General Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - General Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Coruña Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Lugo Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Ourense Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Pontevedra Ver ficheiro PDF
07-09-2020
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a súa quinta entrega, dedicada a analizar a evolución da actividade comercial en Galicia entre o 20 de xullo e o 30 de agosto. O informe permite coñecer os desprazamentos dos galegos nas súas vacacións, este ano máis centradas en Galicia. Tamén mostra a evolución dos concellos con restricións, cuxo efecto se fixo notar de forma clara en lecer e comercio minorista; e constata certa desaceleración tras o forte repunte observado en xullo.

Dacordo coa análise, mediante técnicas de big data, da xeolocalización dos establecementos de lecer nos que realizaron os seus pagos, os galegos reduciron un 48% os desprazamentos por vacacións fóra de Galicia durante o mes de agosto.

O número de galegos que pasaron as súas vacacións noutra comunidade autónoma reduciuse un 38% fronte a agosto de 2019. No caso dos desprazamentos fóra de España, a caída foi aínda maior, do 62%. As viaxes ao estranxeiro concentráronse en Portugal, que recibiu o 73% das saídas dos galegos, fronte ao 45% de hai un ano.

Nesta segunda etapa da nova normalidade, a actividade económica desacelerose até situarse en niveis pre-covid, e o gasto situouse por baixo (-3,4%) do mesmo momento de 2019. Considerando unicamente as compras en Galicia, o nivel de gasto dos galegos é un 2,8% superior ao ano pasado, favorecido polo menor desprazamento fóra da comunidade.

Vólvese a constatar o menor uso do efectivo, cuxa utilización caeu un 14% nos últimos doce meses en beneficio doutros medios de pago, especialmente as tarxetas, que mostran un crecemento do 11% e constitúen, co 47% dos pagos totais, a opción maioritaria.

Impacto dos rebrotes

O informe reflicte o impacto dos rebrotes sobre a actividade nas zonas onde foi necesario endurecer as restricións. No caso do lecer, a actividade dos concellos afectados chegou a ser 68 puntos inferior ao resto da provincia e un -31% inferior aos niveis do mesmo período de 2019.

Pola súa banda, o comercio minorista tamén se resentiu, experimentando nas zonas afectadas unha redución do -9% respecto ao mesmo período do ano anterior, fronte a un aumento do +8% do resto de concellos.

O gasto en lecer dos galegos é un 30% inferior ao nivel de agosto de 2019, aínda que considerando unicamente o gastado en Galicia a caída redúcese ao 17%, feito que se explica porque os galegos reduciron os seus desprazamentos fóra da comunidade e concentraron nela o seu gasto. Axencias de viaxes, discotecas e hoteis seguen mostrando importantes caídas respecto de 2019.

A actividade total do comercio minorista modérase respecto ao comezo da nova normalidade, momento no que as rebaixas exerceron un significativo impulso. O sector mostra un comportamento similar á situación pre-covid, aínda que se mantén un 2% por encima do agosto de 2019. Fogar segue sendo o segmento máis dinámico cun crecemento do 22% respecto ao mesmo período de 2019 e xa supón o 27% das vendas minoristas, mentres que moda e complementos mostra unha caída do 18% e segue perdendo peso na estrutura de gasto.

Outros sectores

O gasto en alimentación mantense un 25% por encima dos seus niveis pre-covid e un 28% respecto ao mesmo período do ano anterior, aínda que modera a súa evolución. O gasto en farmacias é un 13% superior aos niveis previos á crise e sitúase un 36% por encima de agosto de 2019.

O transporte, incluíndo gasolineiras, segue acusando as consecuencias da crise e non alcanza a normalización: a súa actividade é un 29% inferior a febreiro e un 28% máis baixa que hai doce meses.

Outros establecementos analizados (parkings, vending, telefonía, talleres, etc.) recibiron un nivel de pagos inferior ao momento de referencia previo á crise.

Estas conclusións, así como o resto das ofrecidas polo informe, aplícanse de maneira homoxénea e sen diferenzas significativas ao catro provincias galegas. Pontevedra é a provincia máis beneficiada polo impulso do turismo na tempada estival, mentres que A Coruña acusa o impacto das restricións sobre o comercio minorista e o lecer.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .