O Observatorio ABANCA by IESIDE revela que os desprazamentos vacacionais fóra de Galicia baixan á metade en agosto
- ABANCA presenta a quinta entrega do seu informe de análise de big data de medios de pago de clientes galegos, relativa ao período do 20 de xullo ao 30 de agosto
- Tras o impulso de xullo, a actividade desacelerouse até situarse en niveis pre-covid e o gasto mantívose un 3,4% por baixo de agosto de 2019
- Nas zonas con restricións, os rebrotes reduciron a actividade do lecer en 68 puntos respecto ao resto de áreas, mentres que o comercio minorista mostrou unha evolución interanual 17 puntos por debaixo
Descarga los contenidos anexos
- Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - General Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - General
- Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Coruña
- Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Lugo
- Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Ourense
- Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 5 - Pontevedra
O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a súa quinta entrega, dedicada a analizar a evolución da actividade comercial en Galicia entre o 20 de xullo e o 30 de agosto. O informe permite coñecer os desprazamentos dos galegos nas súas vacacións, este ano máis centradas en Galicia. Tamén mostra a evolución dos concellos con restricións, cuxo efecto se fixo notar de forma clara en lecer e comercio minorista; e constata certa desaceleración tras o forte repunte observado en xullo.
Dacordo coa análise, mediante técnicas de big data, da xeolocalización dos establecementos de lecer nos que realizaron os seus pagos, os galegos reduciron un 48% os desprazamentos por vacacións fóra de Galicia durante o mes de agosto.
O número de galegos que pasaron as súas vacacións noutra comunidade autónoma reduciuse un 38% fronte a agosto de 2019. No caso dos desprazamentos fóra de España, a caída foi aínda maior, do 62%. As viaxes ao estranxeiro concentráronse en Portugal, que recibiu o 73% das saídas dos galegos, fronte ao 45% de hai un ano.
Nesta segunda etapa da nova normalidade, a actividade económica desacelerose até situarse en niveis pre-covid, e o gasto situouse por baixo (-3,4%) do mesmo momento de 2019. Considerando unicamente as compras en Galicia, o nivel de gasto dos galegos é un 2,8% superior ao ano pasado, favorecido polo menor desprazamento fóra da comunidade.
Vólvese a constatar o menor uso do efectivo, cuxa utilización caeu un 14% nos últimos doce meses en beneficio doutros medios de pago, especialmente as tarxetas, que mostran un crecemento do 11% e constitúen, co 47% dos pagos totais, a opción maioritaria.
Impacto dos rebrotes
O informe reflicte o impacto dos rebrotes sobre a actividade nas zonas onde foi necesario endurecer as restricións. No caso do lecer, a actividade dos concellos afectados chegou a ser 68 puntos inferior ao resto da provincia e un -31% inferior aos niveis do mesmo período de 2019.
Pola súa banda, o comercio minorista tamén se resentiu, experimentando nas zonas afectadas unha redución do -9% respecto ao mesmo período do ano anterior, fronte a un aumento do +8% do resto de concellos.
O gasto en lecer dos galegos é un 30% inferior ao nivel de agosto de 2019, aínda que considerando unicamente o gastado en Galicia a caída redúcese ao 17%, feito que se explica porque os galegos reduciron os seus desprazamentos fóra da comunidade e concentraron nela o seu gasto. Axencias de viaxes, discotecas e hoteis seguen mostrando importantes caídas respecto de 2019.
A actividade total do comercio minorista modérase respecto ao comezo da nova normalidade, momento no que as rebaixas exerceron un significativo impulso. O sector mostra un comportamento similar á situación pre-covid, aínda que se mantén un 2% por encima do agosto de 2019. Fogar segue sendo o segmento máis dinámico cun crecemento do 22% respecto ao mesmo período de 2019 e xa supón o 27% das vendas minoristas, mentres que moda e complementos mostra unha caída do 18% e segue perdendo peso na estrutura de gasto.
Outros sectores
O gasto en alimentación mantense un 25% por encima dos seus niveis pre-covid e un 28% respecto ao mesmo período do ano anterior, aínda que modera a súa evolución. O gasto en farmacias é un 13% superior aos niveis previos á crise e sitúase un 36% por encima de agosto de 2019.
O transporte, incluíndo gasolineiras, segue acusando as consecuencias da crise e non alcanza a normalización: a súa actividade é un 29% inferior a febreiro e un 28% máis baixa que hai doce meses.
Outros establecementos analizados (parkings, vending, telefonía, talleres, etc.) recibiron un nivel de pagos inferior ao momento de referencia previo á crise.
Estas conclusións, así como o resto das ofrecidas polo informe, aplícanse de maneira homoxénea e sen diferenzas significativas ao catro provincias galegas. Pontevedra é a provincia máis beneficiada polo impulso do turismo na tempada estival, mentres que A Coruña acusa o impacto das restricións sobre o comercio minorista e o lecer.