• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O peso das compras dentro do concello crece un 16% no Nadal pola menor mobilidade, segundo datos do Observatorio ABANCA by IESIDE

  • A actividade comercial baixa un 7% con respecto a 2019
  • As compras on-line rexistraron un crecemento do 37% e supoñen xa o 16% do total
  • O gasto en lecer, afectado polos peches perimetrais, é un 41% máis baixo que en decembro de 2019
  • As compras de moda e complementos redúcense un 27%, mentres que en fogar e multimedia crecen un 11% e un 12%, respectivamente
  • A novena entrega do informe de big data de medios de pago de clientes galegos de ABANCA analiza o período do 30 de novembro ao 10 de xaneiro

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Xeral Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Xeral Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - A Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - A Coruña Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Lugo Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Ourense Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 9 - Pontevedra Ver ficheiro PDF
14-01-2021
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a novena entrega do seu informe sobre a actividade comercial en Galicia, que nesta edición mostra a situación correspondente ao período comprendido entre o 30 de novembro e o 10 de xaneiro.

O informe pon de manifesto unha caída do 7% na actividade comercial dos establecementos galegos durante a pasada campaña de Nadal respecto ao ano anterior. Se se elimina o ámbito xeográfico para incluír os datos do comercio on-line, a caída é do 6%. No entanto, mantén unha acusada disparidade por sectores, con establecementos que mostran crecementos interanuais, como alimentación (+24%), fogar (+11%) ou multimedia (+12%), e outros con caídas, como moda (-27%) ou restauración (-36%).

Menos mobilidade

As limitacións á mobilidade que afectaron a numerosas localidades provocaron un incremento do 16% no peso das compras realizadas dentro do concello do consumidor e un descenso do 38% no das efectuadas fóra da súa provincia.

Respecto de 2019, as compras fóra do concello reducíronse de maneira máis notable nas provincias da Coruña (do 50,9% ao 42,7%) e Ourense (do 51,6 ao 45,8%), mentres que Lugo rexistrou a maior redución das compras fóra da provincia (do 15,8% ao 8,8%).

Máis comercio on-line

Pola contra, as compras on-line rexistraron un importante impulso cifrado nun 37% respecto ao mesmo período de 2019. Con iso supoñen xa o 16% das compras totais realizadas polos clientes galegos de ABANCA. O uso do efectivo segue sendo menor que hai un ano (36% fronte a 42%). A utilización deste medio de pago rexistrou un descenso do 12% en decembro e primeira semana de xaneiro respecto ao mesmo período do ano anterior.

Análise sectorial

Por sectores, os establecementos de alimentación seguen sendo os que mostran uns mellores rexistros de vendas. Como consecuencia das celebracións do Nadal, este ano máis centradas nos fogares e menos nos establecementos de restauración, o gasto en alimentación alcanzou en decembro un nivel un 55% superior ao momento anterior á crise e un 24% por encima do ano pasado nestas datas.

Similar tendencia mostra o gasto en farmacias, que en decembro se situou un 31% por encima do momento anterior á crise e un 9% por encima de 2019.

O comercio minorista presenta un nivel de actividade un 13% inferior ás mesmas datas de 2019 (7% incluíndo o comercio electrónico), aínda que con acusadas disparidades. Moda e complementos cae un 27%. Pola contra, multimedia crece un 12% e fogar e bricolaxe un 11%. As compras on-line destes tipos de produtos seguiron gañando peso durante a pasada campaña do Nadal, con incrementos de 10 puntos en produtos multimedia, de 8 puntos en moda e complementos, e de 4 puntos en bricolaxe.

No sector lecer, o gasto, afectado polos peches perimetrais, é un 41% máis baixo que en decembro de 2019. Mesmo coa reapertura da hostalaría, os niveis de actividade sitúanse un 27% por baixo de antes da crise. Durante a campaña de Nadal, o gasto reduciuse nun 36% en restaurantes, nun 65% en hoteis e nun 77% en discotecas e espectáculos.

Polo que respecta ao transporte (incluíndo gasolineiras), a súa actividade mantense un 30% por baixo dos niveis pre-covid e un 36% por baixo do mesmo período de 2019.

Datos por provincia

A actividade das catro provincias galegas evoluciona de maneira homoxénea respecto dos niveis pre-covid, aínda que cun maior impacto das restricións de mobilidade nas provincias da Coruña e Pontevedra, tradicionalmente receptoras de compradores doutras provincias.

Respecto de decembro 2019, A Coruña experimentou unha contracción do 18% no comercio minorista, a maior caída das catro provincias, e do 37% no lecer. Lugo mantense como a provincia con maior resistencia do comercio minorista, que descende un 5%. Ourense rexistrou caídas do 6% no comercio minorista e do 34% no lecer. En Pontevedra, o comercio comerciante minorista descendeu un 10% e o gasto en lecer un 54%.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .