O programa de aceleración ABANCA Innova by Conector selecciona catro startups para a súa primeira edición
- Os emprendedores seleccionados xa traballan nas instalacións de ABANCA Innova
- Os proxectos acelerados no programa recibirán ata 20.000 euros de financiamento
O programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector, impulsado por ABANCA Innova, o programa de innovación de ABANCA, e Conector Startup Accelerator, a aceleradora de startups especializada en fase seed, arrincou coa participación de catro proxectos vinculados aos servizos financeiros.
Máis de 30 emprendedores galegos presentaron o seu proxecto para a fase de selección do programa de aceleración. Deles, 21 superaron o primeiro filtro e 13 presentaron o seu proxecto no Startup Day, un evento privado onde os mentores do programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector votaron para elixir os que entrarían no programa. Finalmente, estas son o catro startups seleccionadas para participar na primeira edición do programa de aceleración ABANCA Innova by Conector:
- Livetonic: asesor patrimonial que axuda ao usuario a detectar as súas necesidades de cobertura privadas, comparar e contratar en liña.
- OpSeeker: axuda a mellorar a saúde financeira e a investir dunha maneira intelixente e pensando no futuro.
- Tickele: app que permite desmaterializar os tickets. Almacena todos os recibos, paga e controla os gastos do usuario.
- TrocoBuy: servizo de crédito para pemes que permite a súa devolución a través das vendas de produtos ou servizos.
O catro proxectos xa empezaron o programa de aceleración, que durará cinco meses. Baixo o asesoramento diario do director de Conector Galicia, Lalo García, e co soporte corporativo de ABANCA, os emprendedores beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector e recibirán pílulas de formación en distintas áreas. Ademáis, as startups aceleradas obterán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo grazas ABANCA e dispoñen dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de ABANCA Innova.
Cada startup conta co seu propio equipo de mentores, un grupo de conselleiros formado por mentores de Conector e directivos de ABANCA que acompañarán aos emprendedores durante todo o programa de aceleración.
Entre os novos mentores galegos figuran José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, Javier Carral, director de Participadas de ABANCA, Luis Del Pozo, ex CMO de Jazztel, Rubén Ferreiro, CEO de Grupo Viko e Pedro González, director xeral de Zelnova, entre outros.
Para concluír o Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector celebrarase a Demo Day, un foro de investimento privado coa presenza dos emprendedores, VC e business angels máis importantes do país.