• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O V Foro ABANCA Responsable reflexiona sobre o deporte como elemento chave para o progreso social

  • A xornada contou coa presenza de tres recoñecidos especialistas no ámbito deportivo: Pepu Hernández, Francisco del Río e Iván Clavel.
  • No encontro abordouse tamén a importancia da promoción do deporte para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) e as metas establecidas na Axenda 2030.

De esquerda a dereita, José Manuel Vilariño, coordinador de Negocio Institucional A Coruña de ABANCA; Fernando Filgueiras, coordinador da área de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación; Francisco del Río, avogado especialista en dereito deportivo e organizador do FID León; Iván Clavel, xerente da Fundación Deporte Galego; Pepu Hernández, ex adestrador nacional de baloncesto, e Pedro Otero, director xerente de Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Un dos momentos da xornada de traballo que tivo lugar na sede de IESIDE na Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-11-2018
RSC

A sede de IESIDE na Coruña acolleu este venres 23 de novembro a quinta edición do Foro ABANCA Responsable, que nesta ocasión tivo como eixo central ‘O deporte como motor de cambio social, igualdade e valores’.

Máis de medio centenar de empresas, clubs deportivos e institucións participaron na xornada de traballo, que comezou con tres relatorios a cargo de tres recoñecidos expertos neste ámbito: o ex seleccionador nacional de baloncesto, Pepu Hernández, o avogado especialista en dereito deportivo e organizador do Foro Internacional de Deporte Ciudad de León, Francisco del Río, e o xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel.

Entre outros temas, no encontro abordouse a importancia de apoiar o deporte basee e de establecer relacións entre organizacións para crear proxectos conxuntos capaces de impulsar o impacto positivo da práctica deportiva.

O ex adestrador Pepu Hernández destacou na súa intervención que “o deporte colectivo ten axudado moito a modernizar esta sociedade porque aprendemos a traballar xuntos” e subliñou “o valor que ten o deportista, que moitas veces pasa desapercibido, como transmisor dos valores asociados ao deporte, como o traballo e xogo en equipo, a constancia, o esforzo ou a xenerosidade, que nos axudan como persoas, como sociedade e como empresa”. Tamén presentou o proxecto de RSC que desenvolve coa xestora Imantia Capital para mellorar os coñecementos financeiros dos deportistas, de modo que poidan tomar mellores decisións para asegurar o seu futuro unha vez finalice a súa carreira deportiva.

Francisco del Río, organizador do Foro Internacional del Deporte Ciudad de León, reforzou esa idea da importancia da práctica deportiva para a sociedade e explicou que o evento que el promove en León articúlase sobre tres alicerces fundamentais: “espazo de análise sobre o deporte en xeral, a promoción do deporte e da actividade física entre a cidadanía e o deporte como ferramenta de formación e inclusión social”.

Por último, o xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, centrouse no Plan de Patrocinios de Equipos de Alta Competición que desenvolve a entidade en colaboración con ABANCA co obxectivo de impulsar as canteiras dos equipos dun amplo abanico de disciplinas deportivas. Clavel subliñou que “o máis importante do deporte é que forma valores e contribúe a superar barreiras socioeconómicas desde idades moi temperás. Ademais, fomenta estilos de vida activos, que os nenos e nenas collan o hábito de practicar deporte”. Na súa opinión, “o apoio ao deporte é o mellor investimento socialmente responsable”.

Tras os relatorios, desenvolveuse unha dinámica de grupo na que os asistentes traballaron sobre a vinculación que existe entre o deporte e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) aprobados pola ONU en 2015 e como desde as súas organizacións poden contribuír a alcanzalos. Todos os participantes coincidiron en destacar que a práctica deportiva pode desenvolver un papel fundamental na consecución dalgunhas das metas que establece a Axenda 2030 como o fin da pobreza, a saúde e o benestar, a educación de calidade, a igualdade de xénero ou as alianzas para lograr os obxectivos.

Foro ABANCA Responsable

O Foro ABANCA Responsable é un espazo creado por ABANCA no marco da súa estratexia de responsabilidade social corporativa co obxectivo de contribuír ao fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas galegas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .