• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O VI Foro ABANCA Responsable aposta por unha transformación dixital socialmente responsable

  • Máis de 60 empresas asistiron ao sexto encontro organizado por ABANCA co obxectivo de reflexionar sobre os efectos que a transformación dixital produce na economía, a sociedade e o medio ambiente
  • A xornada contou coa experiencia de organización como a Fundación Seres, Mobile Week Coruña, Teimas Desenvolvemento ou TokApp

De esquerda a dereita, Guillermo Taboada, socio fundador de Interim Manager Consulting; Rosa Seoane, xerente de ABANCA Innova; Lucila García, subdirectora xeral de Fundación Seres; Pilar Alves, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA; Pedro Otero, director xerente de Afundación; José Luis Vilar, da empresa TokApp e Miguel Varela, socio fundador de Teimas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Rosa Seoane, xerente de ABANCA Innova.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Pedro Otero, director xerente de Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-05-2019
RSC

O Centro ABANCA Obra SocialSerás redirixido a outro sitio web de Santiago de Compostela acolleu este venres 24 de maio a sexta edición do Foro ABANCA ResponsableSerás redirixido a outro sitio web, que nesta ocasión tivo como eixo central a ‘Transformación dixital socialmente responsable’.

A xornada de traballo reuniu a máis de 60 empresas que compartiron experiencias e coñeceron casos de éxito de outras empresas que conseguiron abordar a transformación dixital de maneira socialmente responsable.

O director xerente de Afundación, a Obra Social de ABANCA, Pedro Otero, foi o encargado de inaugurar o encontro sinalando que “a transformación dixital será un dos piares fundamentais do vindeiro Plan Estratéxico de Afundación. O desenvolvemento tecnolóxico é imparable, vén para quedarse e este foro é o espazo perfecto para facernos pensar sobre as boas prácticas que hai que poñer en marcha para unha transformación dixital responsable”.

De seguido, o foro seguiu con cinco experiencias ‘Made in Galicia’ de diferentes organizacións que explicaron como souberon transformar en impactos positivos os efectos da dixitalización e as implicacións éticas, económicas, sociais e ambientais que viviron.

Lucila García, subdirectora xeral da Fundación Seres, abordou o tema da ‘Transformación dixital con valores’ destacando os 380 millóns de novos traballos relacionados coa tecnoloxía e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que se poden crear e a oportunidade que isto representa para as empresas.

Miguel Varela, da empresa Teimas explicou como a tecnoloxía pode estar ao servizo da sustentabilidade e como esta debe de estar no centro da estratexia das empresas. Por súa banda, José Luis Villar, da empresa Tokapp, contou aos asistentes como a súa aplicación consegue facilitar a comunicación entre escolas e familias, sendo unha plataforma responsable coa privacidade dos usuarios.

Guillermo Taboada, socio fundador de Interim Manager Consulting, a empresa organizadora da Mobile Week Coruña 2018 falou na súa intervención das dificultades que supuxo traer un evento totalmente dixital como a Mobile Week a unha sociedade non dixitalizada totalmente. Por último, Rosa Seoane, xerente de ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web, explicou como ABANCA está incorporando a tecnoloxía de modo responsable nas súas oficinas e sedes. “Innovación e responsabilildade son dous dos valores corporativos de ABANCA e neles nos baseamos para implantar o noso novo modelo de oficina centrado no cliente e no que prima a mobilidade, a transparencias y a sustentabilidade”, sinalou.

Tras as presentacións, desenvolveuse unha dinámica de grupo na que os asistentes traballaron sobre as claves para construír unha era dixital responsable e sostible e os desafíos e oportunidades que aporta a transformación dixital. Entre as conclusións da xornada destacouse a ética e os valores como as claves para conseguir una era dixital responsable. Entre os principais desafíos aos que se enfronta a transformación dixital, os asistentes sinalaron a seguridade, a privacidade e que non se perda o factor humano. As persoas deberán estar sempre no centro e desde aí construír una sociedade dixital responsable. Tamén apuntouse á oportunidade que teñen as empresas de liderar o cambio para una transformación dixital ética e responsable.

Para concluír a xornada, realizáronse unhas breves presentación de diferentes iniciativas dixitais con impacto social como o proxecto Neta V3A, con que Atendo quere crear un robot asistencial 100% galego; a plataforma ‘Quiero un abuelo’, que pon en contacto a persoas maiores con familias con nenos; o proxecto de domótica que impulsa a Cruz Vermella Lugo para mellorar a asistencia no fogar a persoas que viven solas; O Centro de Innovación Tecnolóxica de Gradiant que da impulso ás empresas para facelas máis competitivas ou a solución de seguridade marítima axustada ás necesidades de todo tipo de navegantes da empresa Safe2sea.

Foro ABANCA Responsable

O Foro ABANCA Responsable é un espazo creado por ABANCA no marco da súa estratexia de responsabilidade social corporativa co obxectivo de contribuír ao fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas galegas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .