• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O VI Foro ABANCA Responsable centrarase na transformación dixital socialmente responsable

  • No encontro participarán organizacións coma a Fundación Seres, Mobile Week Coruña, Teimas Desenvolvemento ou TokApp
  • O banco promoverá unha reflexión na contorna empresarial sobre os efectos que produce a dixitalización nas nosas vidas e como transformalos en impactos positivos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-05-2019
RSC

A sexta edición do Foro ABANCA Responsable, que terá lugar por primeira vez en Santiago de Compostela, terá como eixo central a ‘Transformación dixital socialmente responsable’. A Obra Social ABANCA seleccionou esta temática co obxectivo de promover no tecido empresarial galego unha reflexión sobre os efectos que produce a tecnoloxía e a dixitalización nas nosas vidas e as súas implicacións éticas, económicas, sociais e ambientais.

O encontro terá lugar o venres 24 de maio entre as 10.30 e as 13.30 horas no Centro ABANCA Obra Social da compostelá Praza de Cervantes.

Nesta nova edición do foro presentarase a experiencia de tres organizacións de diversos tamaños vinculadas a Galicia: Teimas Desenvolvemento, empresa tecnolóxica situada en Santiago de Compostela que desenvolve e comercializa solucións de software e hardware para o sector da recuperación e a reciclaxe; TokApp, organización que oferta aplicacións de mensaxeira e pagos con máis de 500.000 usuarios, e ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web, a aposta de ABANCA por promover iniciativas innovadoras no ámbito tecnolóxico desde Galicia.

O programa da xornada inclúe tamén dous breves relatorios a cargo da Fundación Seres, entidade privada que ten como obxectivo promover que as empresas axuden a crear valor e se erixan como axentes clave para resolver problemas sociais, e Mobile Week Coruña, evento impulsado por Mobile World Capital Barcelona que converteu Galicia o pasado mes de novembro no epicentro do debate tecnolóxico con máis dun centenar de actividades gratuítas nas que participaron máis de 2.000 persoas.

Tamén haberá espazo para coñecer outros proxectos, coma a aplicación para controlar a cota das capturas da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga); o proxecto Neta V3A, co que Gradiant quere crear un robot asistencial 100% galego; a plataforma ‘Quiero un abuelo’, que pon en contacto a persoas maiores con familias con nenos, ou o proxecto de domótica que impulsa Cruz Roja Lugo para mellorar a asistencia no fogar a persoas que viven soas.

Esta será a sexta sesión de traballo no marco do Foro ABANCA Responsable, creado pola Obra Social ABANCA en novembro de 2016 co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) en Galicia a través do fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas da comunidade.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir a esta nova edición do evento, de carácter gratuíto, poden anotarse a través deste enderezo electrónico foroabancaresponsable@abanca.com.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .