• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O XXIII Premio San Clemente Rosalía-ABANCA recae en Xosé Monteagudo, Fernando Aramburu e Ralf Rothmann

  • Por segundo ano consecutivo na selección das novelas gañadoras participaron alumnos e alumnas de cinco centros internacionais
  • ABANCA apoia o certame dentro do seu compromiso cos mozos

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Ubaldo Rueda, director do IES Rosalía de Castro, e Isaac González Toribio, director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA, cos alumnos e alumnas representantes do xurado.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Valentín García, Ubaldo Rueda e Isaac González Toribio e estudantes representantes do xurado no momento de dar a coñecer o fallo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe de grupo de todos os membros do xurado e os equipos docentes que participan no certame.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-11-2017
RSC

O xurado dos Premios San Clemente Rosalía ABANCA anunciou hoxe en Santiago de Compostela os gañadores da XXIII edición do certame. Os membros do tribunal decidiron outorgar nesta ocasión os galardóns ás novelas ‘Todo canto fomos’, de Xosé Monteagudo, na categoría de lingua galega; ‘Patria’, de Fernando Aramburu, na categoría de lingua castelá, e ‘Morir en primavera’, de Ralf Rothmann, na categoría de lingua estranxeira.

O fallo deuse a coñecer este mércores no IES Rosalía de Castro, impulsor do certame, nun acto no que os novos estudantes que compoñen o xurado estiveron acompañados polo director do centro, Ubaldo Rueda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA, Isaac González Toribio.

Durante a súa intervención, Rueda destacou destes premios a “liberdade e a independencia coa que os alumnos valoran e elixen as novelas gañadoras”, o que levou a que en numerosas ocasións o galardón recaia en autores con menor recoñecemento por parte da crítica e a industria editorial.

Pola súa banda, Valentín García fixo fincapé unha vez máis no importante papel que xoga este centro como promotor dun certame único que adquiriu xa unha gran repercusión no ámbito literario.

O director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA sinalou a "satisfacción do banco por poder contribuír á consolidación e internacionalización destes premios que xa son patrimonio de toda Galicia" e destacou que o apoio ao certame forma parte do compromiso e a vinculación do banco cos mozos.

As novelas gañadoras impuxéronse ás outras finalistas desta edición, que son ‘Non hai outro camiño’ de Isaac Xubín e ‘Nordeste’ de Daniel Asorey en lingua galega; ‘Esa puta tan distinguida’ de Juan Marsé e ‘La noche de la Usina’ de Eduardo Sacher en lingua castelá, e as traducións ao español de ‘Compás’ do francés Mathias Enard e ‘La guitarra azul’ do irlandés John Banville na categoría de lingua estranxeira.

Nesta vixésimo terceira edición o xurado estivo composto por estudantes do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo, IES Agra do Orzán da Coruña, IES Valle-Inclán de Pontevedra, IES San Mamede de Maceda, e os centros composteláns IES Xelmírez I e IES Rosalía de Castro.

Por segundo ano consecutivo tamén participaron na selección da obra premiada na categoría de lingua castelá alumnos e alumnas de varios centros internacionais que cursan a materia de lingua española, en concreto do Hockerill Anglo European College de Londres (Inglaterra), Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), Grimmelshausen Gymnasyum de Gelnhausen (Alemaña), Escola Secundaria de Santa Comba Dão (Portugal) e o Colexio nº 1558 Rosalía de Castro de Moscova (Rusia).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .