Os clientes de ABANCA poderán aprazar desde o móbil o pago das súas compras con tarxeta de crédito
- O novo servizo de banca móbil ‘Applázame’ permite financiar ao instante e nun só clic cada compra realizada coa tarxeta de crédito
- As compras poderán fraccionarse de 3 a 36 meses
ABANCA lanza hoxe o servizo ‘Applázame’, que permite aos seus clientes xestionar desde a banca móbil o aprazamento de cada unha das compras realizadas con tarxeta de crédito Visa ou MasterCard.
Grazas a este novo servizo, os clientes del banco poderán financiar os seus gastos de 3 a 36 meses ao instante, nun só clic, desde o móbil cunha tarifa moi competitiva, sen que sexan necesarios ningún trámite nin documentación ou autorización previa por parte da entidade.
O funcionamento de ‘Applázame’ é moi sinxelo: o cliente selecciona desde a banca móbil a compra -o compras- realizada coa súa tarxeta de crédito que desexa aprazar, cuxo importe deberá ser superior a 75 euros. A continuación, elixe o número de prazos que máis lle convén e confirma o financiamento ao instante. As restantes operacións da tarxeta seguirán liquidándose coa forma de pago habitual da mesma.
Esta innovación proporciona unha mellor experiencia de usuario, no actual contexto de inmediatez. Con ‘APPlázame, o cliente ten a posibilidade de financiar no momento da compra ou a posteriori unicamente co móbil, sen ter que levar a man a tarxeta de coordenadas ou calquera outro elemento de identificación, e coa seguridade que dá a banca móbil de ABANCA.
Cada vez que o cliente realice unha compra coa tarxeta de crédito susceptible de aprazamento, recibirá unha notificación na súa banca móbil lembrándolle que pode financiala a través do novo servizo.
A nova funcionalidade, que está dispoñible desde hoxe na actualización da aplicación de banca móbil de ABANCA, complementa o servizo xa existente na entidade que permite aos seus clientes o fraccionamento de pagos coa tarxeta de crédito a través da banca electrónica, telefónica ou da súa oficina.
Satisfacción coa banca móbil
A banca móbil de ABANCA é a aplicación de banca móbil mellor valorada en España en Google Play Store. Obtén por parte dos clientes unha nota media de 9 sobre 10 en satisfacción co servizo. A facilidade de acceso, rapidez en execución de operacións e a seguridade son os atributos máis valorados polos usuarios desta canle, que xa supera os seis millóns de accesos ao mes.
A innovación tecnolóxica é un dos eixos prioritarios da estratexia de ABANCA, que nos últimos anos se focalizou na mellora da experiencia de cliente a través de canles non presenciais. A entidade financeira galega foi a primeira en España en habilitar o acceso á banca móbil a través da identificación con pegada dactilar. Ademais, o banco ofrece aos seus clientes innovadores servizos de pago a través desta canle, como ABANCA Pay, aplicación que permite realizar pagos inmediatos desde o móbil de forma gratuíta a calquera usuario, ou ABANCA Cash, un servizo de pago vía móbil que permite a retirada de diñeiro ao instante sen necesidade de tarxetas nin de transferencias.