Os clientes de ABANCA xa poden utilizar o pago móbil de Samsung Pay
- O banco galego é a segunda entidade financeira europea que ofrece este innovador servizo
- O número de clientes de ABANCA que usan a banca móbil está a rexistrar un crecemento do 21% en 2016
Descarga los contenidos anexos
Os clientes de ABANCA xa poden utilizar o servizo do pago móbil de Samsung Pay. O banco galego convértese na segunda entidade financeira europea en ofrecer aos seus clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora para realizar compras desde un Smartphone en calquera establecemento que acepte o pago contactless. Os clientes só terán que dar de alta as tarxentas VISA de ABANCA, sexan de débito ou de crédito, nos dispositivos Samsung compatibles para realizar os seus pagos de forma rápida e sinxela.
“Estamos agradecidos a ABANCA pola confianza que demostrou neste novo servizo á vez que satisfeitos por poder incorporarlos xa ao pago móbil de Samsung Pay. Estou convencido de que esta nova activación no ecosistema Samsung Pay fará posible que o servizo siga crecendo e chegando a novos usuarios que poderán gozar deste novo servizo seguro e sinxelo”, declara David Alonso, director da área de Empresas de Samsung España.
Coa activación deste servizo de pago “ABANCA continua desenvolvendo o seu modelo de banca máis dixital e multicanal co obxectivo de mellorar o servizo aos nosos clientes e de pór á súa disposición os produtos e servizos máis avanzados do mercado”, sinala o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.
Seguro e fácil de usar
Samsung Pay ofrece unha gran sinxeleza de uso e seguridade nos pagos móbiles. Unha vez o cliente engade a súa tarxeta de ABANCA na aplicación, desprégase simplemente Samsung Pay, elíxese a tarxeta de pago desexada e identifícase co sensor de pegada dactilar para autorizar o pago. O dispositivo móbil conéctase cos terminais do punto de venda (TPV), o que permite realizar unha compra rápida, segura e sinxela.
Os usuarios de Samsung Pay contarán tamén con todas as garantías de seguridade dos cartóns da entidade financeira. Grazas ao tres niveles de seguridade: tokenización dixital, lector de impresións dixitais e Samsung KNOX, os datos transmítense sempre de forma segura. Así mesmo, cando se realice un pago polo móbil, sexa cal for o importe, o cliente recibe unha notificación avisándolle de que se efectuou a operación. Samsung Pay funciona en máis do 70% dos comercios en España que xa operan con tecnoloxía contactless. En España, Samsung Pay é compatible cos smartphones Samsung Galaxy S7, Samsung Galaxy S7 edge, Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 edge, Samsung Galaxy S6 edge+.
A Banca Móbil de ABANCA, unha das mellor valoradas
A aplicación de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos usuarios e a primeira do sector totalmente accesible para persoas con discapacidade visual. Ademais, é a primeira aplicación de banca móbil do mercado español en valoración en Google Play.
Os usuarios destacan a sinxeleza, rapidez e comodidade da banca móbil da entidade financeira galega. A aplicación permite aos clientes consultar movementos, facer transferencias, enviar diñeiro ao móbil ou pagar un recibo só con sacarlle unha foto coa maior seguridade. ABANCA é pioneira en permitir aos seus clientes o acceso á banca móbil con tecnoloxía Touch ID que permite identificarse coa súa pegada dactilar.
Durante 2016, máis de 570.000 clientes de ABANCA utilizaron os servizos a distancia para as súas consultas e operacións, no mesmo período, o número de usuarios de Banca Móbil creceu un 21%.
ABANCA conta cunha das plataformas dixitais máis innovadoras do sector financeiro español que permite aos seus clientes decidir cando, onde e como queren xestionar os seus aforros, gastos e investimentos e que se complementa cunha rede comercial con máis de 700 oficinas por toda España.