• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Os Global Shapers e ABANCA lanzan unha caravana para coñecer que queren facer coa súa vida os mozos

  • O grupo de mozos e mozas percorrerá 30 cidades españolas este mes para analizar a situación real do colectivo e fomentar o emprendemento
  • O obxectivo dos organizadores é coñecer e difundir as inquedanzas da súa xeración a través dunha enquisa e un documental

De esquerda a dereita: Sara Sánchez, Natalia Pedrajas, Carlo Cifuentes e Sara Fernández, catro dos mozos que viaxarán na caravana ¿Qué quieres hacer con tu vida?

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-06-2015
RSC

Unha caravana de mozos e mozas do movemento social Global Shapers percorrerá ao longo deste mes de xuño 30 cidades españolas para coñecer a situación e as inquedanzas deste colectivo e promover o emprendemento. A acción, que arrinca este venres día 5 en Vigo e percorrerá Galicia ata o día 12, forma parte do proxecto ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ e conta co respaldo de ABANCA como continuación da súa iniciativa ‘Palabras para Galicia’.

O banco fixouse como obxectivo para este 2015 promover o debate sobre a importancia da educación e o emprendemento no futuro da xuventude e a construción dunha sociedade máis igualitaria. ‘Palabras para Galicia 2015’ contou coa participación do Premio Nobel da Paz 2014, Kailash Satyarthi, quen ofreceu na Coruña o pasado mes de maio a conferencia ‘Educación para unha sociedade sostible: construíndo alianzas innovadoras’.

Os mozos e mozas da caravana ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ desenvolverán as súas primeiras actividades en Vigo os días 5, 6 e 7 de xuño. A partir de aí percorrerán toda España para preguntarlle a outros mozos, de entre 20 e 30 anos, cales son os seus soños para o futuro e cales son os obstáculos aos que se enfrontan para desenvolver os seus proxectos persoais e profesionais nas súas respectivas localidades.

A ruta deste proxecto, que percorrerá ata o 2 de xullo máis de 5.000 quilómetros, fará especial fincapé nas cidades galegas de Vigo (5, 6 e 7 de xuño), Pontevedra (8 de xuño), Santiago (9 de xuño), A Coruña (10 de xuño), Lugo (11 de xuño) e Ourense (12 de xuño). Tamén visitará Ponferrada, León, Oviedo, Gijón, Santander, San Sebastián, Pamplona, Zaragoza, Barcelona, Valencia, Albacete, Ciudad Real, Córdoba, Sevilla, Cáceres, Salamanca, Valladolid e Madrid. Co apoio de ABANCA impulsarase unha profunda análise para coñecer a situación real da mocidade, as súas inquedanzas, cales son os seus problemas para atopar traballo e por que moitos optan por irse fóra a buscar o seu futuro.

Na caravana viaxará tamén unha shaper de ABANCA para coñecer de primeira man a realidade dos mozos e mozas españois e como o banco pode axudarlles a facer realidade os seus soños. Poderemos seguir a experiencia desta representante de ABANCA e da caravana a través do blog emprendiendounviaje.com e dos seus perfís de Twitter (@sa_ontheroad) e Instagram (https://instagram.com/sa.f.m/).

A iniciativa inclúe unha investigación empírica de carácter nacional baseada en 60 entrevistas en profundidade que se realizarán de forma aleatoria e que teñen como obxectivo descubrir cales son as inquietudes e dificultades da mocidade á hora de desenvolverse no ámbito laboral.

A través da web do proxecto (http://quequiereshacercontuvida.com), todos os mozos e mozas que o desexen poderán aportar os seus testemuños persoais. Durante a viaxe, os membros da caravana gravarán un documental que permitirá poñer cara e voz ao testemuño destes mozos e mozas para despois compartilo con outros e animalos á acción.

‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ é un proxecto dos Global Shapers, un grupo de mozos nacido baixo o impulso do Foro Económico Mundial para dinamizar proxectos sociais, xunto a “Quiero salvar el mundo haciendo marketing” e Two Much. Está coorganizado polos Global Shapers, ABANCA e a Fundación Universidad Empresa (FUE), co apoio de Fundación Coca-Cola, Everis e Thinking Heads.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .