• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Os grupos ABANCA ReSuena abren as actividades do Día da Música no Palacio de la Ópera

  • É o primeiro concerto que ofrecen desde que se puxo en marcha este proxecto social en colaboración coa Orquesta Sinfónica de Galicia
  • Os alumnos e alumnas do programa mostrarán ante o público as habilidades adquiridas ao longo do curso

Imaxe do concerto no Palacio da Ópera

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-06-2016
RSC

Tres grupos musicais formados por alumnos e alumnas que no proxecto social ABANCA ReSuenaSerás redirixido a outro sitio web, promovido pola Orquesta Sinfónica de Galicia e ABANCA, ofrecerán o seu primeiro concerto mañá martes 21 de xuño, ás 17.00 horas, no Palacio de la Ópera coincidindo coa celebración do Día da Música. A actuación servirá para abrir o programa de actividades organizado pola orquestra na súa sede oficial para conmemorar esta efeméride.

O proxecto ABANCA ReSuena parte dunha iniciativa conxunta da OSG e ABANCASerás redirixido a outro sitio web que busca favorecer o crecemento e o desenvolvemento dos nenos e mozos a través do traballo de grupo e individual, favorecendo a unión entre as diferentes capas da sociedade. O programa baséase no feito de que a práctica musical conxunta permite desenvolver habilidades sociais para relacionarse e poder superar problemas de comportamento, ao tempo que facilita o desenvolvemento das súas aptitudes individuais.

A actividade formativa, de carácter gratuíto, comezou a funcionar no Centro Cívico Municipal de Monte Alto en 2014 e no curso 2015-2016 ABANCA imprimiulle o impulso definitivo coa entrega dun lote de 150 instrumentos musicais que permitiron ampliar as clases a un segundo centro, o CEIP Alborada, en Elviña. O terceiro núcleo do proxecto fórmao desde o inicio o colexio de xordos ‘Nosa Señora do Rosario’.

En total, 185 nenos e nenas de diferentes barrios da Coruña participan na iniciativa e aprenderon a tocar algún instrumento musical e adquiriron coñecementos básicos de solfeo. Outros 15 escolares forman parte do Coro Manos Blancas. Durante este curso impartíronse 4.860 horas de formación, entre as dedicadas ás clases e a outras actividades complementarias de ensaio e concertos informais. Os avances dos alumnos e alumnas poderanse comprobar este martes no Palacio de la Ópera, no que será o seu primeiro concerto oficial.

A aposta de ABANCA por esta iniciativa, que recibiu recentemente o premio Excelentia á cultura, responde a unha visión da música como unha ferramenta única para o estímulo da aprendizaxe dunha maneira lúdica e diferente, que ademais axuda a transmitir valores fundamentais entre os máis pequenos como a dedicación, o traballo duro, a procura da excelencia e a superación artística.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .