Os voluntarios de ABANCA realizan unha nova acción ambiental nas Illas Cíes
- Colaboraron na limpeza de especies exóticas invasoras e na recollida de residuos na illa.
- A próxima fin de semana os voluntarios volverán reunirse co fin de realizar unha nova acción ambiental na Illa de Ons
As Illas Cíes acolleron o pasado sábado ao redor de cen voluntarios de ABANCA e a súa obra social na súa última acción de conservación do medio ambiente. As actividades levaron a cabo no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e inclúense dentro do programa de voluntariado do propio parque.
Os voluntarios déronse cita no porto de Vigo onde, tras recoller as credenciais para acceder ao Parque Nacional, embarcaron no catamarán que os levaría ata as Cíes. Unha vez desembarcaron, recibiron unha charla onde se explicou como levar a cabo a principal tarefa da xornada: a eliminación de especies exóticas invasoras. Os participantes conseguiron eliminar 86 kg de margarida do cabo, unha planta herbácea procedente da península do Cabo (Suráfrica) pero que, a día de hoxe, detectouse de forma masiva noutros países como España. Tamén lograron retirar, aproximadamente, 4.500 rebrotes de eucalipto e acacia, ademais de aproveitar a xornada para limpar 50 kg de lixo, principalmente pequenos plásticos, envases e papeis.
Máis tarde, realizaron una ruta interpretativa co obxectivo de coñecer mellor a zona e poñer en valor a riqueza paisaxística, faunística e botánica. A actividade contou, ademais, coa colaboración do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Próxima acción na Illa de Ons
Esta acción enmárcase dentro do proxecto ‘Traballando pola mellora do patrimonio natural’ do banco e a súa obra social, que conta coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat e que inclúe distintas actividades para a posta en valor e conservación do medio natural. Dentro deste proxecto, a próxima fin de semana, o equipo de voluntariado da Obra Social de ABANCA volverá reunirse co fin de realizar unha nova acción ambiental noutra emblemática illa do sur de Galicia: a Illa de Ons.