• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Preto de 200 nenos e nenas de ABANCA ReSuena gozan dun ensaio moi especial con Gustavo Dudamel

  • O mestre transmitiulles a importancia de esforzarse por alcanzar os seus soños e gozar co que fan
  • O director visitou o CEIP Alborada de Elviña, un dos núcleos do proxecto que desenvolve coa Orquestra Sinfónica de Galicia co apoio do banco
  • 186 alumnos e alumnas compartiron uns minutos de ensaio co mestre e demostráronlle as habilidades adquiridas nas clases

Gustavo Dudamel dirixe aos nenos e nenas das orquestras ABANCA ReSuena en presenza de Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, e Diego Zecharies, director musical do proxecto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Dudamel saúda a algúns dos pequenos músicos.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de orquestra recibe un regalo dos nenos e nenas que participan no proxecto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Visita Gustavo Dudamel ao núcleo ABANCA ReSuena Visita do director de orquestra Gustavo Dudamel ao núcleo de ABANCA ReSuena no CEIP Alborada de Elviña na Coruña. Serás redirixido a outro sitio web
06-07-2017
Corporativo

O director de orquestra Gustavo Dudamel visitou esta mañá uno dos núcleos do proxecto ABANCA ReSuena na Coruña, o CEIP Alborada de Elviña, onde 186 nenos e nenas que participan na iniciativa realizaban un ensaio.

Os alumnos e alumnas recibiron ao mestre coa interpretación de ‘Chamambo’, de Manuel Artés, e escoitaron con atención a súa mensaxe. Dudamel explicoulles que na súa infancia tamén participou nun programa cunha filosofía similar e transmitiulles que “deben crer no que fan e traballar fortemente por alcanzar os seus soños” pero que “o máis importante é gozar porque tocar nunhas orquestra é, sobre todo, divertido”.

Os pequenos músicos, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, viviron un momento que non esquecerán cando Dudamel colleu a batuta para dirixilos nunha nova interpretación de ‘Chamambo’. Durante o encontro tamén tiveron ocasión de conversar con el, facerse fotos para inmortalizar o momento e que lles asinase as partituras das dúas composicións que tocaron no ensaio, a obra de Manuel Artés e o ‘Himno da alegría’ de Beethoven.

Gustavo Dudamel estivo acompañado nesta visita ao núcleo de ABANCA ReSuena polo presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o seu director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación, Miguel Ángel Escotet, e o director de ABANCA ReSuena e contrabaixo da OSG, Diego Zecharies. ABANCA promove esta visita a Galicia do afamado director de orquestra dentro da segunda edición de Palabras para Galicia de ABANCA, que terá o seu momento cume mañá venres na Praza do Obradoiro cando Dudamel dirixirá á Orquestra Sinfónica de Galicia na interpretación da Novena Sinfonía de Beethoven.

ABANCA ReSuea é unha iniciativa que desenvolve a Orquestra Sinfónica de Galicia e que conta co apoio do banco desde os seus inicios en 2014. Na actualidade conta con dous núcleos, o CEIP Alborada de Elviña e o Centro Cívico de Monte Alto, e participan nel 186 nenos e nenas.

Dudamel é un gran coñecedor deste tipo de proxectos xa que el mesmo formou parte de El Sistema, o coñecido programa venezolano de orquestras e coros que lle permitiu desenvolver a súa brillante carreira artística. Pola súa experiencia persoal ten a firme convicción de que a música é un elemento crave para a transformación social e así o demostrou ao longo da súa traxectoria, actuando como promotor de proxectos similares en países tan dispares como Estados Unidos ou Suecia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

ABANCA recibe a certificación de sostibilidade BREEAM ES cunha cualificación de excelente para Espacio Avenida

09-01-2026
Corporativo

O banco elixe BREEAM ES para acreditar o seu compromiso cun modelo de edificación eficiente, responsable e orientado ao benestar das persoas.

 O director xeral do centro tecnolóxico ITG, Carlos Calvo, o director territorial na Coruña de ABANCA, Óscar Salgado, e a xerente de Proxectos da área de Inmobles de ABANCA, Pilar Ceide, no acto de entrega da certificación BREEAM a Espacio Avenida
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .