• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

RESULTADOS 2T 2021. ABANCA obtén un resultado de 157 millóns, un 18,0% máis

  • A entidade afronta a etapa de recuperación desde unha posición de fortaleza financeira
  • Os ingresos recorrentes por produtos e prestación de servizos bancarios increméntanse un 10,4%
  • Cun crecemento interanual do 21,2%, o volume de negocio sitúase por encima dos 107.000 millóns
  • A actividade comercial comeza a mostrar síntomas de normalización e supera os niveis do primeiro semestre de 2019 en hipotecas (+30,4%) e pemes e autónomos (+2,1%)
  • A entidade é líder en calidade de activos, co menor cociente de morosidade (1,9%) e a maior cobertura de activos dubidosos (83,8%) do sistema
  • Moody´s é a terceira axencia de cualificación que outorga grao de investimento a ABANCA, recoñecendo a solidez do seu negocio
  • O Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024 avanza co lanzamento de fondos sostibles e a obtención o Certificado Residuo Cero

ABANCA obtén un resultado de 157 millóns, un 18,0% máis.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita: Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA; Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA; e Alberto de Francisco, director xeral de Finanzas de ABANCA

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación Resultados ABANCA 2T 2021 Presentación Resultados ABANCA 2T 2021 Ver ficheiro PDF
22-07-2021
Resultados

ABANCA obtivo no primeiro semestre de 2021 un beneficio atribuído de 157,0 millóns de euros, un 18,0% máis que no mesmo período do ano pasado.

Esta boa evolución susténtase na fortaleza dos seus ingresos recorrentes, complementada polo control de gastos e a contención do custo do risco.

ABANCA afronta agora a saída da crise desde unha posición de elevada fortaleza financeira que ten como principais alicerces a boa calidade da súa carteira (cociente de morosidade do 1,9% e nivel de adxudicados sobre balance do 0,3%), os altos niveis de cobertura (83,8% en activos dubidosos), a súa elevada capitalización (cociente de capital total do 17,3% e 1.573 millóns de exceso sobre requisitos regulatorios) e a súa cómoda posición de liquidez (cociente LTD do 97,4% e 13.287 millóns de euros en activos líquidos).

No semestre destacou a recuperación da actividade comercial, que superou os niveis do primeiro semestre de 2019 en liñas como a formalización de hipotecas (+30,4%) e as operacións de financiamento con pemes e autónomos (+2,1%).

Outro fito destacado do período foi o forte incremento da actividade aseguradora, que se multiplicou por dous no ramo de seguros de coche tras o lanzamento dos primeiros produtos da nova compañía propia creada en alianza con Crédit Agricole Assurances.

A mesma tendencia positiva obsérvase nas últimas entidades adquiridas, Bankoa e a rede española de Novo Banco, onde o negocio de ambas evoluciona favorablemente e os procesos de integración avanzan segundo o calendario previsto.

A boa evolución de ABANCA está a ser apoiada polas axencias de rating, tal e como acredita o feito de que tres das catro axencias outórganlle xa a cualificación de grao de investimento tras a subida aplicada por Moody´s nos últimos días.

No ámbito da sostibilidade e o compromiso social, a entidade puxo en marcha novas accións para continuar co desenvolvemento do seu modelo de banca responsable. A entidade traballa xa na aplicación do seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024, co obxectivo de alcanzar a neutralidade en carbono da súa actividade e dispor dunha alternativa sostible para os seus produtos financeiros en 2024, entre outros obxectivos.

Fortaleza dos ingresos recorrentes

A conta de resultados da entidade acredita a súa capacidade de xeración de ingresos recorrentes. En termos interanuais, a marxe básica creceu un 10,4% grazas á boa evolución da marxe de intereses, que creceu un 11,1%, e dos ingresos por prestación de servizos bancarios, que o fixeron nun 8,5%.

O crecemento da marxe básica sumado á redución dos gastos de explotación, que baixaron un 3,8%, permitiu incrementar a marxe recorrente até os 124,3 millóns de euros, case o dobre que hai un ano. Descontando o efecto da integración de Bankoa, os custos ordinarios descenderon unhas 7,6% grazas ao efecto dos proxectos de racionalización e as sinerxías obtidas, que superan os obxectivos fixados para as integracións.

A pesar dos indicios de recuperación, a entidade segue mantendo a prudencia na realización de provisións, tal e como mostra o seu custo do risco de 36 p.b., que permite manter as coberturas (83,8%) nos maiores niveis do sistema financeiro español a pesar de contar coa mellor taxa de morosidade (1,9%).

Máis de 107.000 millóns de volume de negocio

Cun crecemento interanual do 16,4%, o volume de negocio quedou situado en 103.236 millóns de euros. Se se contabiliza o negocio da rede española de Novo Banco, esta cifra supera os 107.000 millóns (+21,2% interanual). Este importante crecemento logrouse mantendo o equilibrio entre o crédito e os recursos de clientes.

A carteira de crédito a clientes en situación normal creceu un 17,1% en termos interanuais (12,4% sen contar Bankoa, que se integrou a principios de 2021) até os 44.426 millóns de euros. O financiamento a empresas e familias, que suman o 77% do total, constitúe o seu compoñente maioritario.

A captación de recursos recibiu un impulso do 16,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior (11,3% sen incluír o efecto de Bankoa) até chegar aos 58.040 millóns. Dentro deste capítulo, os depósitos de clientes creceron un 15,0% (11,0% sen incluír o efecto de Bankoa), quedando o seu importe total situado en 46.393 millóns de euros.

A captación de recursos fóra de balance creceu un 25,0% (12,2% sen incluír o efecto de Bankoa). Este impulso permitiu á entidade gañar cota de mercado tanto en fondos de investimento (7 p.b.), como en plans de pensións (5 p.b.). ABANCA recibiu o 3,4% do total de subscricións netas de fondos de investimento no semestre en España.

As primas de seguros xerais e vida risco creceron un 11,6%, cun comportamento moi homoxéneo nos diferentes segmentos. Pagos protexidos creceu un 17%, vida risco un 13%, saúde un 13% e auto un 9%.

Calidade da carteira: á cabeza do sector

ABANCA rexistra un significativo descenso nos seus saldos dubidosos con respecto a xuño do ano pasado. Esta redución do 18,5% (23,0% sen incluír o efecto de Bankoa) sitúa a taxa de morosidade da entidade no 1,9%, a cifra máis baixa do sector financeiro español e menos da metade da media.

A entidade é tamén a que mellor taxa de cobertura presenta, cun 83,8%. O cociente Texas sitúase no 27,2%, igualmente á cabeza do sector. Todo iso converte a ABANCA na mellor entidade do sistema en canto a calidade da carteira e coberturas.

Parte fundamental nesta boa evolución foi a prestación de apoio financeiro ás empresas e familias máis afectadas pola crise. En total, o banco formalizou operacións con aval do ICO por importe de 3.321 millóns de euros e 1.280 millóns en operacións de flexibilización (moratorias) a familias. O 52% das moratorias aplicadas xa venceu, pero só menos do 2% destas foi reclasificado a dubidoso.

Solvencia e liquidez

En materia de solvencia, o cociente de capital de ABANCA quedou situado no 17,3% (13,2% capital máxima calidade CET1). Por efecto dunha estrutura de capital máis diversificada, a entidade dispón de amplos colchóns sobre os requisitos establecidos: 504 p.b. (1.573 millóns de euros) en capital total e 522 p.b. (1.629 millóns) en CET1.

ABANCA conta cunha estrutura de financiamento baseada principalmente en depósitos minoristas, que supoñen o 71%. A entidade presenta un cociente de créditos sobre depósitos minoristas (LTD minorista) do 97,4% e dispón de 18.843 millóns de euros entre activos líquidos (13.287 millóns) e capacidade de emisión de cédulas (5.556 millóns). Con iso cobre catro veces o total dos seus vencimientos previstos de emisións.

Os cocientes de financiamento neto estable NSFR e de cobertura de liquidez LCR están situados, respectivamente, no 131% e o 258%, niveis que cumpren amplamente cos requisitos regulatorios de Basilea III.

Moody’s é a terceira axencia de rating que outorga grao de investimento

A mellora na cualificación comunicada por Moody´s débese á nova metodoloxía da axencia e ao recoñecemento pola súa banda do perfil financeiro de ABANCA, que considera estable no actual contexto económico. Moody´s resalta na súa cualificación a resiliencia, a calidade dos activos, a solvencia e as expectativas de rendibilidade de ABANCA.

En 2021, a traxectoria de ABANCA está a ser valorada positivamente polas axencias de rating. Tres das catro axencias que cualifican á entidade emitiron avaliacións sobre ABANCA durante este ano. Delas, dúas (DBRS e Standard and Poor´s) melloraron a perspectiva, mentres que a terceira (Moody´s) comunicou unha subida de rating.

Sostibilidade e compromiso social

ABANCA presentou recentemente o seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024, que sitúa a sostibilidade no centro da estratexia corporativa da entidade e propón actuacións en tres grandes liñas: ambiental, socioeconómica e de bo goberno.

Ao longo do primeiro semestre, puxéronse en marcha as primeiras accións encamiñadas a cumprir os obxectivos deste plan, entre os que destacan ser neutra en emisións e dispor dunha alternativa sustentable para os seus produtos. Coa vista posta nos devanditos obxectivos, no último trimestre a entidade obtivo o certificado Residuo Cero de AENOR para as súas sedes corporativas, e ampliou o seu catálogo de produtos de investimento responsable con dous novos fondos para xestión discrecional de carteiras.

Doutra banda, a través das unidades especializadas ABANCA Agro e ABANCA Mar subscribiu acordos de colaboración con colectivos e entidades dos sectores agroalimentario e pesqueiro para promover a eficiencia enerxética, mellorar os recursos hídricos, fomentar o consumo de produtos de proximidade e renovar a frota pesqueira.

No ámbito do fomento da eficiencia enerxética no tecido produtivo, a entidade incorporouse ao padroado de EnergyLab, sumándose así ao órgano de goberno dun dos centros tecnolóxicos máis punteiros no desenvolvemento de tecnoloxías sostibles. A renovación do acordo de colaboración entre ambas as entidades dá un novo impulso ao financiamento deste tipo de investimentos a través de préstamos con amplos prazos de amortización, baixos tipos de interese e posibilidade de introducir carencias.

O banco desenvolveu tamén unha ampla actividade no ámbito social e de voluntariado. A través dunha nova edición do programa ‘Cubertos’, a terceira desde verán do ano pasado, Afundación e ABANCA colaborarán con concellos e entidades sociais para proporcionar durante as vacacións escolares 44.000 menús saudables, 1.000 diarios, a menores en risco de pobreza ou exclusión social.

A economía circular, tamén contemplada na estratexia de sostibilidade de ABANCA, é o concepto ao redor do que xira o programa ‘Redes vivas’, a través do cal a entidade colaborou co colectivo das redeiras para reutilizar redes de pesca abandonadas. ‘Redes vivas’ ten como protagonista a un oficio tradicional e artesán realizado fundamentalmente por mulleres, e está conectado co programa ABANCA Deporte Base a través da colocación das redes recuperadas nos campos e canchas dos clubes que forman parte del.

As actividades de voluntariado ambiental impulsadas por ABANCA e Afundación retiraron do litoral máis de seis toneladas de residuos no marco do programa PLANCTON de Afundación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 1T 2025: ABANCA gaña 220 millóns de euros, cunha rendibilidade do 15,2%

28-04-2025
Resultados

A entidade mantén uns robustos niveis de capitalización, cun cociente CET1 do 13,2%, tras crecer catro décimas no trimestre.

Principais cifras Resultados ABANCA 1T 2025

RESULTADOS 4T 2024: ABANCA gaña 1.203 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,5%

28-01-2025
Resultados

A entidade pecha a súa primeira década transformada nunha das entidades máis fortes e competitivas do sistema bancario ibérico.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .