• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

RESULTADOS 2T 2024: ABANCA gaña 412 millóns de euros, cunha rendibilidade do 16,9%

  • A entidade cumpre 10 anos de crecemento converténdose nunha sólida plataforma ibérica
  • O crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance, claves no resultado obtido
  • Evolución do negocio moi positiva, gañando cota de mercado en todos os territorios tanto en recursos de clientes como en crédito
  • Sólido crecemento orgánico: 65.000 novas altas de clientes no semestre
  • Calidade da carteira entre as mellores do sector: morosidade do 2,3%, cociente Texas do 23,9% e cobertura de activos dubidosos do 72,2%
  • Cociente de capital máxima calidade CET1 aumenta ata o 13%, con amplos colchóns sobre os requirimentos regulatorios
  • A incorporación de EuroBic completa un ciclo de adquisicións moi exitoso, no que ABANCA mellorou en crecemento de ingresos e eficiencia
  • ABANCA supera os 128.000 M€ de volume de negocio coa integración de EuroBic

Francisco Botas,conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, e Alberto de Francisco, director xeral de Finanzas de ABANCA, durante a presentación dos resultados do segundo trimestre de 2024 da entidade.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación resultados ABANCA 2T 2024 Presentación resultados ABANCA 2T 2024 Ver ficheiro PDF
29-07-2024
Resultados

ABANCA obtivo no primeiro semestre de 2024 un beneficio atribuído de 412,0 millóns de euros, cifra que supón unha rendibilidade ROTE do 16,9%.

A entidade galega presentou un sólido conxunto de resultados, poñendo de manifesto o bo desempeño diferencial cando cumpre os seus primeiros 10 anos de traxectoria no mercado, convertida nunha sólida plataforma ibérica. O volume de negocio con particulares e empresas repártese practicamente a partes iguais entre Galicia e o resto da península, onde un 34,6% corresponde a España e o 14,8% a Portugal. A entidade conta cunha rede de 937 puntos de venta, dos cales 686 sitúanse en España e 251 en Portugal.

O crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance resultaron claves no resultado obtido. A positiva evolución do negocio tradúcese en incrementos de cota de mercado en todos os territorios: 544 pb. en Galicia, ata situarse no 41,5%, 132 p.b. no resto de España, chegando ao 3,4%, e 279 p.b. en Portugal, alcanzando o 3,0%.

O crecemento orgánico recibe un forte impulso grazas ao valor da proposta comercial da entidade: un total de 65.000 novos clientes incorporáronse a ABANCA no que vai de 2024, o 65% deles fóra de Galicia. As novas formalizacións de crédito con empresas e familias creceron un 8,4% interanual mentres que os recursos de clientes aumentaron, de maneira diversificada, un 9,3%.

A entidade segue situada á cabeza do sector en calidade de carteira: a taxa de mora situouse no 2,3%, o cociente Texas no 23,9% e a cobertura de activos dubidosos no 72,2%.

En materia de solvencia, a capacidade de xeración orgánica de capital permite que os cocientes se sitúen nos seus niveis de referencia (CET1 do 13%) tras absorber o impacto das adquisicións xa incorporadas no Grupo ABANCA. A liquidez continúa sendo folgada, cun cociente de créditos / depósitos do 82,8% e unha base de depósitos granular.

ABANCA culminou recentemente a adquisición de EuroBicSerás redirixido a outro sitio web, completando de forma exitosa un ciclo de operacións que lle permitirá superar os 128.000 millóns de euros de volume de negocio.

O primeiro semestre incluíu tamén diversas accións en materia ambiental, social e de gobernanza que reforzan o compromiso da entidade coa banca responsable e sostible. A protección dos espazos naturais, a redución de emisións propias e da carteira, a promoción da cultura financeira e a formación do persoal en sostibilidade son os ámbitos de traballo fundamentais do período.

Resultados recorrentes de alta calidade

A conta de resultados reflicte a boa execución do modelo de negocio do banco, baseado na obtención de ingresos recorrentes e diversificados. Prioridade estratéxica que se complementa coa prudencia aplicada na xestión dos riscos e o foco na eficiencia.

Produto da boa evolución do negocio con clientes, a marxe de intereses creceu un 42,5% en termos interanuais, ata os 767,4 millóns de euros, mentres que a marxe básica experimentou un incremento similar, do 33,6%, ata os 920,8 millóns.

Pola súa banda, o cociente de eficiencia mellorou 5,0 p.p. respecto a xuño de 2023 a pesar do impacto inicial que supoñen as adquisicións para a base de gastos, quedando situado no 46,4%. ABANCA mantén o seu cociente de eficiencia por baixo do 50% a pesar do esforzo realizado para potenciar o negocio, reforzar a protección fronte a ciberriesgos, incrementar as capacidades de servizo e mellorar a retribución do persoal.

A entidade mantén a súa política de prudencia na dotación de provisións a pesar dos sólidos niveis de morosidade e cobertura. O custo do risco mantense controlado no 0,29%, o cociente de morosidade situouse no 2,3%, e a cobertura alcanzou o 72,2%.

Con todo isto, ABANCA continúa a súa senda de mellora de resultado, que alcanza os 412 millóns de euros e sitúa a súa rendibilidade nun 16,9%, por encima do custo do capital.

Foco en familias e empresas

Tendo en conta a achega de EuroBic, que terá reflexo contable no terceiro trimestre deste ano, o volume de negocio xestionado por ABANCA supera os 128.000 millóns de euros, centrado na actividade con empresas e familias.

Os préstamos e anticipos á clientela supoñen 45.519 millóns de euros, un 84% con familias e empresas. A carteira de crédito en situación normal creceu un 3,1% en termos anuais (15,7% proforma con EuroBic), ata os 44.761 millóns. As novas formalizacións creceron un 8,4%, practicamente ata o nivel dos 6.000 millóns, destacando o capítulo de hipotecasSerás redirixido a outro sitio web (2,9%) e de crédito a longo prazo a empresas (8,0%).

Os recursos xestionados de clientes creceron un 9,3% (20,3% proforma con EuroBic) en termos interanuais, ata os 70.097 millóns de euros. Destaca o incremento de 4.639 millóns de euros en saldos a prazo e produtos fóra de balance. A estrutura de recursos de clientes presenta un 78% en saldos á vista e a prazo, e un 22% en recursos fóra de balance.

Os depósitos minoristas aumentaron un 7,7% (21,2% proforma con EuroBic), ata os 54.961 millóns de euros. O 93% do total de depósitos da entidade corresponde a familias e empresas, característica que se demostra na súa alta granularidade: o 71% deles ten un saldo inferior aos 100.000 euros.

En fóra de balance, a entidade mantén o seu intenso ritmo de crecemento en activos baixo xestión e venda de seguros. Os recursos fóra de balance aumentaron un 15,5% interanual, ata os 15.136 millóns de euros. Os ingresos por prestación de servizos vinculados a estes produtos creceron un 10,6%.

O negocio asegurador continuou mostrando un ton moi robusto. As primas de seguros xerais e vida risco creceron un 11,7% interanual, ata os 502 millóns de euros. As primas de seguros de decesos creceron un 77%, as de seguros de saúde un 37%, as de seguros de empresas un 17% e as de seguros vida-risco un 11%. Os ingresos por prestación de servizos vinculados a estes produtos creceron un 7,5%.

Fortaleza financeira

Un trimestre máis, ABANCA mantense como unha das mellores entidades do sistema por calidade e cobertura dos seus activos. A entidade acredita un cociente Texas do 23,9%, unha cobertura de adxudicados do 63,5% e unha cobertura de morosidade do 72,2%. A morosidade (2,3%) mantense estable, a pesar do incremento de negocio, e é 53 p.b. inferior á media do sistema (2,8%).

A calidade dos activos de ABANCA e a súa rendibilidade foron básicas para as melloras da perspectiva aplicadas por DBRS, Standard and Poor´s e Fitch nos pasados meses de abril a xuño. ABANCA conta desde abril de 2022 con grao de investimento nos ratings das catro axencias que a cualifican: Standard and Poor´s, Moody´s, Fitch e DBRS.

En solvencia, o banco mantén indicadores moi robustos a pesar das integracións realizadas. O cociente de capital de máxima calidade CET1 aumentou ata o 13,0%, cun colchón sobre requirimentos regulatorios de 485 p.b. equivalentes a 1.645 millóns de euros. Pola súa banda, o cociente de capital total aumentou ata o 17,3%, unha folgura de 479 p.b. e 1.625 millóns de euros. A entidade cumpre o requirimento MREL fixado para 2024 cunha marxe de 171 p.b.

O banco presenta así mesmo unha sólida posición de liquidez, baseada fundamentalmente en depósitos minoristas, que supoñen o 85% do total. O cociente de crédito sobre depósitos minoristas (LTD) está situado no 82,8%.

Banca responsable e sostible

A entidade é cualificada polas tres principais axencias de rating ASG, que a sitúan por encima da media do sector. Destaca especialmente a súa posición na clasificación de SustainalyticsSerás redirixido a outro sitio web, onde está situada como o 10º mellor banco do mundo neste ámbito.

En materia de sostibilidade destaca especialmente a iniciativa de banca dixital B100Serás redirixido a outro sitio web, un modelo pioneiro de healthy banking centrado na saúde persoal, na saúde do planeta e na saúde financeira. O forte crecemento en clientes e negocio deste banco dixital redunda directamente no medioambiente, a través de iniciativas como a loita contra a contaminación mariña por plásticos en colaboración coa startup Gravity WaveSerás redirixido a outro sitio web.

Co Plan de Banca Responsable e Sostible 2021-2024na súa última etapa de desenvolvemento, ABANCA levou a cabo no primeiro semestre de ano un intenso programa de accións ambientais, sociais e de gobernanza.

Desde xaneiro participou en novas accións do programa PLANCTONSerás redirixido a outro sitio web de conservación do litoral. Este programa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que no conxunto das súas actividades conta con 2 millóns de beneficiarios, realizou no semestre 20 xornadas de limpeza, coas que se retiraron en distintas zonas 24 tn de residuos grazas ao esforzo de voluntarios e voluntarias. Ademais, o programa celebrou unha nova edición, a terceira, da súa iniciativa de concienciación en boas prácticas para o uso de areais.

ABANCA está a apoiar iniciativas de restauración, rexeneración e plantación de especies autóctonas en áreas forestais degradadas por incendios ou catástrofes naturais, seguindo criterios de xestión forestal sostible e para proxectos de absorción de dióxido de carbono do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. En 2023, dentro do convenio de colaboración coa Fundación ARUMESerás redirixido a outro sitio web e a Asociación Forestal de GaliciaSerás redirixido a outro sitio web, a entidade apoiou cinco proxectos de restauración cun total superior a 93 hectáreas e 106.000 plantas.

Doutra banda, no primeiro semestre do ano ABANCA evitou a emisión á atmosfera de 2.945 tn de CO2eq mediante o uso de enerxía renovable con garantía de orixe, e doutras 262.113 tn CO2eq por financiamento de proxectos de enerxía renovable.

No ámbito social, o banco lanzou novas accións enfocadas a mellorar a educación financeira e as capacidades dixitais de colectivos clave, co obxectivo de mellorar a inclusión e a saúde financeira das persoas.

Por sexto ano, nesta ocasión para o período 2024/2025, ABANCA adheriuse ao ‘Programa Funcas de Estímulo da Educación Financeira’, desde o que apoiará unha nova edición do programa Young Business Talents, dirixido a promover o emprendemento entre novos estudantes preuniversitarios, e poñerá en marcha un novo proxecto educativo interactivo, denominado ‘Superávit’. Ademais, a través do seu ‘Plan de Formación e Capacitación Dixital de Maiores’, que cumpre a súa terceira edición, ABANCA levou a cabo no semestre 51 novas accións.

En materia de gobernanza, o banco ampliou a súa senda de descarbonización publicada e comprométese a reducir en 2030 a intensidade de emisión de carbono da súa carteira crediticia nun 34% para o sector de enerxía eléctrica e nun 17% para o sector inmobiliario residencial. Con isto son xa nove os sectores incluídos.

Dentro do programa interno ‘ABANCA Sostible’, o banco concluíu a liña de formación específica en finanzas sostibles que veu desenvolvendo nos últimos meses, con acreditación especializada para os participantes de diferentes áreas da entidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 4T 2024: ABANCA gaña 1.203 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,5%

28-01-2025
Resultados

A entidade pecha a súa primeira década transformada nunha das entidades máis fortes e competitivas do sistema bancario ibérico.

RESULTADOS 3T 2024: ABANCA gaña 988 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,9%

30-10-2024
Resultados

Estes sólidos resultados están fundamentados nun crecemento eficiente do negocio, que supera os 127.000 millóns de euros, e na boa xestión do balance.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .