• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Startup Galicia e ABANCA anuncian un convenio de colaboración para impulsar o ecosistema galego de startups

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

22-11-2022
Corporativo

Startup Galicia, a asociación de emprendedores que promove e apoia o emprendemento en Galicia, e ABANCA Innova, a ferramenta de Open Innovation de ABANCA, veñen de asinar un convenio para colaborar no crecemento do ecosistema galego de startups.

O obxectivo de Startup Galicia, entidade sen ánimo de lucro fundada en 2016, é o de promover e apoiar o emprendemento tecnolóxico en Galicia, un sector incipiente pero que se vai converter nunha fonte de riqueza e emprego na rexión nos próximos anos.

Dende a súa creación, a asociación conseguiu vertebrar a comunidade de emprendemento local, dando pasos para fortalecelo dende o traballo voluntario das persoas que compoñen a directiva, así como tamén do apoio desinteresado dun gran número de persoas e empresas que comparten os mesmos obxectivos.

Startup GaliciaSerás redirixido a outro sitio web está en pleno proceso evolutivo da súa estrutura, co fin de incrementar a súa presenza no ecosistema, dar máis apoio aos emprendedores e empresas que o conforman, e garantir a súa estabilidade en colaboración con outras empresas galegas.

ABANCA é a primeira empresa en apoiar esta nova etapa de Startup Galicia.

“Estamos moi contentos de conseguir o apoio de ABANCA”, comenta Daniel Cerqueiro, presidente de Startup Galicia. “ABANCA leva moitos anos sendo unha peza fundamental do ecosistema local a través das súas diferentes iniciativas. Este acordo vén reforzar a colaboración entre ambas entidades para traballar nos obxectivos comúns que nos marcamos para Galicia”.

A colaboración entre ABANCA Innovae Startup Galicia centrarase en axudar a ABANCA na visibilidade das diferentes iniciativas emprendedoras que realiza tódolos anos, así como tamén en axudar á entidade financeira a atopar empresas tecnolóxicas galegas coas que poder colaborar, tanto comercialmente como a nivel de investimento.

“Dende o seu nacemento en 2016, ABANCA Innova ten como obxetivo fundamental apoiar o ecosistema emprendedor en Galicia. Neste contexto, non podíamos máis que unirnos con Startup Galicia para promover e dar a coñecer as iniciativas innovadoras con orixe na rexión”, declara Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA

Sobre Startup Galicia:

Startup Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter multisectorial, constituída en 2016 co obxectivo de converterse nunha comunidade aberta, forte, dinámica, conectada e colaborativa de persoas ligadas ao emprendemento tecnolóxico e innovador en Galicia. Malia que este sector aínda é incipiente ten unha gran capacidade para xerar valor, riqueza e emprego de calidade. A entidade agrupa a máis de 100 persoas socias espalladas por toda Galicia ligadas ao emprendemento que representan a case 80 empresas e que xeran preto de 7.000 empregos directos.

Sobre ABANCA Innova:

ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web é o departamento de innovación aberta de ABANCA, conta cun programa de colaboración con startups no que busca iniciativas do ámbito de negocio da entidade cos que poder probar as súas solucions nun piloto dentro dunha contorna controlada de risco. Tamén se encarga da xestión do programa de intraemprendemento da entidade e desenvolve o labor de observatorio tecnolóxico e de novas tendencias.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .