• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A IX edición da Romaría Internacional de ABANCA reúne a 400 invitados en Santo Estevo

  • A representación institucional de ABANCA estivo encabezada polo presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas
  • O encontro contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda
Autoridades asistentes á IX Romaría Internacional ABANCA

De esquerda a dereita, o conselleiro de ABANCA, Pedro López; o alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes; o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Juan Carlos Escotet Rodríguez

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-07-2025
Corporativo

ABANCA celebrou hoxe no Parador de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín, Ourense) a novena edición da súa Romaría Internacional, evento anual co que a entidade reforza os seus vínculos cos clientes non residentes de distintos países de Europa e América. A cita congregou a preto de 400 invitados procedentes de Brasil, Venezuela, Arxentina, Panamá, México, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza e Alemaña.

A representación institucional de ABANCA estivo encabezada polo presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, o conselleiro Pedro López, o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana, e o director xeneral Comercial, Gabriel González. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron tamén ao evento.

Tras subliñar os valores naturais, históricos, culturais e económicos do lugar elixido para a celebración da xornada, un antigo mosteiro na Ribeira Sacra, Juan Carlos Escotet Rodríguez destacou a traxectoria dos empresarios e emprendedores galegos da emigración. “Do mesmo xeito que o mosteiro soubo adaptarse e reinventarse para seguir sendo un motor de desenvolvemento, vós demostrastes visión, capacidade de traballo e espírito innovador para construír grandes empresas, levando o enxeño galego máis aló das nosas fronteiras e creando riqueza e oportunidades en novas terras”, transmitiu aos invitados.

Referíndose a continuación á actual situación de incerteza xeopolítica e económica, o presidente de ABANCA manifestou a súa “firme convicción en que superaremos os retos que se nos presentan. Como emigrantes ou descendentes de emigrantes sabemos como afrontar o descoñecido. Esa resiliencia é a nosa mellor aliada en momentos coma este”, sinalou.

Tras a celebración do 10º Aniversario de ABANCA en 2024, nesta ocasión o evento estivo enmarcado no lanzamento do Plan Estratéxico da entidade para o período 2025-2027. O presidente de ABANCA detallou os seus tres grandes eixos, “o crecemento diversificado, a transformación e a proximidade ao cliente, profundando nos nosos valores de coidar ás persoas e a contorna”, e expresou a vontade da entidade para “avanzar en todas as frontes, cun foco especial na nosa expansión internacional”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

ABANCA recibe a certificación de sostibilidade BREEAM ES cunha cualificación de excelente para Espacio Avenida

09-01-2026
Corporativo

O banco elixe BREEAM ES para acreditar o seu compromiso cun modelo de edificación eficiente, responsable e orientado ao benestar das persoas.

 O director xeral do centro tecnolóxico ITG, Carlos Calvo, o director territorial na Coruña de ABANCA, Óscar Salgado, e a xerente de Proxectos da área de Inmobles de ABANCA, Pilar Ceide, no acto de entrega da certificación BREEAM a Espacio Avenida
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .