• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A reapertura dos colexios incrementa a actividade comercial en Galicia, segundo o Observatorio ABANCA by IESIDE

  • A análise dos pagos nos terminais punto de venda de ABANCA en Galicia mostra un descenso do 54% no gasto dos turistas estranxeiros durante o período estival
  • A tarxeta reafírmase como medio de pago máis utilizado polos consumidores, en detrimento do efectivo, cuxo uso cae até o 38% dos pagos
  • ABANCA presenta a sexta entrega da súa análise de big data de medios de pago de clientes galegos, que cobre o período do 31 de agosto ao 4 de outubro

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - xeral Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - xeral Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - A Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - A Coruña Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - Lugo Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - Ourense Ver ficheiro PDF
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 6 - Pontevedra Ver ficheiro PDF
08-10-2020
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a sexta entrega do seu informe sobre a evolución da actividade comercial en Galicia, que nesta ocasión recolle datos do 31 de agosto ao 4 de outubro. Nesta nova entrega o documento ofrece por primeira vez información sobre o gasto dos turistas estranxeiros en Galicia, que se reduciu á metade na pasada campaña estival. Como outras conclusións, o Observatorio recolle un repunte da actividade como consecuencia do inicio do curso escolar e reafirma á tarxeta como medio de pago máis usado polos consumidores.

A análise dos pagos nos terminais punto de venda de ABANCA en Galicia mostra un descenso do 54% no gasto dos turistas estranxeiros durante o período estival. Esta caída fai que o peso do gasto internacional sobre o total descenda 6 puntos, desde o nivel do 16% de hai un ano até o 10% actual. Lugo e A Coruña son as provincias que sofren un maior impacto.

Efecto ‘volta ao cole’

A reapertura dos centros educativos trouxo consigo un incremento da actividade comercial, que en Galicia quedou situada 8 puntos porcentuais por encima da etapa pre-covid. En termos interanuais, o gasto dos clientes galegos de ABANCA na comunidade é agora 2 puntos superior ao mesmo período do ano 2019. No entanto, se se considera tamén o gasto efectuado polos consumidores galegos en comercios localizados fóra de Galicia, a actividade é un 3% inferior á do pasado ano neste momento.

O informe reafirma as novas preferencias dos consumidores no uso de instrumentos de pago. A tarxeta é o medio máis usado, co 46% dos pagos totais e un crecemento do 10% respecto ao ano pasado. Pola contra, o efectivo caeu un 11% desde o ano pasado, aínda que o seu uso estabilizouse respecto de agosto, e supón agora o 38% dos pagos totais.

Análise sectorial

A actividade comercial do sector alimentación aínda se mantén no período analizado moi por encima dos seus niveis de referencia. En relación coa situación pre-covid, a súa actividade é 26 puntos máis elevada, mentres que comparando co mesmo período do ano pasado o crecemento é aínda maior, do 31%.

O mesmo ocorre co sector farmacia, cuxo nivel de gasto é un 24% superior aos niveis previos á crise e un 37% maior que no mesmo período de 2019.

O comercio minorista sitúase en niveis superiores á etapa previa á crise, aínda que un 3% por baixo de hai un ano, e con gran disparidade entre os diferentes ramos.

O gasto en fogar e bricolaxe, que supón o 25% das vendas do comercio minorista, segue sendo o segmento de maior crecemento, situándose un 23% por encima dos niveis pre-covid e un 18% en comparación con hai un ano.

Pola contra, pezas de vestir e complementos sofren un descenso do 20% respecto dos niveis previos á crise e do 21% en comparación co mesmo período de 2019. Como consecuencia, a moda perdeu o liderado no comercio, pasando de supor o 30% das vendas totais a só o 23% neste momento.

Impulsadas pola volta ás aulas, as compras en multimedia e editorial (electrónica, libros, informática, música, etc.) atópanse un 55% por encima dos niveis previos á crise, aínda que un 2% por baixo do mesmo período do ano 2019.

Menor oscilación obsérvase no gasto en estética e benestar, con 6 puntos menos que na etapa pre-covid (7 en comparación con 2019), e nas compras vinculadas ao deporte, neste caso 4 puntos máis que antes da crise (pero 12 menos que hai un ano).

Á espera da recuperación

O gasto en lecer e en transporte segue sen recuperar os niveis anteriores á crise. O importe dedicado a lecer por parte dos galegos redúcese nun 29%, cunha caída especialmente intensa desde a terceira semana de agosto, momento no que en Galicia aplicáronse restricións ao lecer nocturno, entre outras medidas.

Este tipo de actividades mostran unha clara desaceleración como consecuencia do fin do período estival. Por encima de restaurantes, hoteis, discotecas e espectáculos, as axencias de viaxes son os establecementos máis negativamente afectados polo covid, cun descenso da súa actividade do 89% fronte ao mesmo período de 2019.

A actividade en transporte (incluíndo gasolineiras) mostra a mesma tónica: está situada un 28% por baixo dos niveis pre-covid e un 29% respecto ao mesmo período do ano 2019, manténdose estancado o gasto desde a primeira semana de xullo.

Estas conclusións, así como o resto das ofrecidas polo informe, aplícanse de maneira homoxénea e sen diferenzas significativas ás catro provincias galegas. As catro provincias sitúanse por encima do nivel pre-covid, mantendo unha evolución paralela, aínda que Lugo experimenta un maior repunte nas últimas semanas e A Coruña é a que mostra un menor crecemento respecto ao mesmo período do ano anterior.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .