• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA valida a xestión e as contas de 2025

  • Antonio Crespo Ybáñez e Alfonso de Castro González, novos conselleiros de ABANCA
  • Aprobadas por ampla maioría as propostas de acordo recollidas na orde do día
Imaxe da Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA celebrada hoxe.

Imaxe da Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA celebrada hoxe.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe da Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA celebrada hoxe.

Imaxe da Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA celebrada hoxe.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-06-2026
Corporativo

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA, presidida polo seu conselleiro delegado, Francisco Botas, validou esta mañá, na súa reunión anual ordinaria, as contas anuais e o informe de xestión da entidade e o seu grupo correspondentes ao exercicio 2025. De xeito específico aprobouse a xestión da entidade nos ámbitos da sostibilidade e a responsabilidade social.

Tamén se respaldaron, por ampla maioría, o resto das propostas de acordo recollidas na orde do día da sesión, na que estivo representado o 84,17% do capital social da entidade.

A Xunta emitiu unha mensaxe de apoio para o pobo venezolano, que sofre as tráxicas consecuencias do dobre terremoto ocorrido o pasado mércores.

Actividade económica

Os accionistas respaldaron co seu voto a xestión económica da entidade en 2025, pechado cun beneficio atribuído de 902,4 millóns de euros e unha rendibilidade ROTE do 15,1%.

A entidade superou con claridade os seus obxectivos de negocio e resultado para o ano, acreditando a súa capacidade para xerar ingresos recorrentes a través do seu modelo de negocio. ABANCA presentou un cociente CET1 do 14,1%, por riba do 13% definido como obxectivo; unha taxa de morosidade do 2,1%, mellorando o obxectivo do 2,5%; un crecemento do volume de negocio do 6,1%, por riba da media do mercado e gañando cota nos negocios de financiamento e de prestación de servizos; e un ROTE do 15,1%, superior ao nivel do 10-15% esperado.

A entidade logrou un desempeño superior ao resto das entidades españolas comparables en xeración de resultado recorrente: situouse nun dos dous primeiros postos nos rankings por variación de marxe de intereses, de ingresos por prestación de servizos e de marxe básica.

As axencias de rating respaldan a boa evolución e desempeño do banco con melloras continuas das súas cualificacións. En 2025 ABANCA entrou no bloque de cualificacións de nivel A de dúas axencias.

Ao longo do exercicio, o banco desenvolveu diferentes accións que reforzaron o seu perfil de sostibilidade e contribución ao desenvolvemento social. O seu esforzo foi recoñecido polas axencias máis relevantes en temática ESG, que a situaron na mellor categoría posible.

Outros acordos

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA aprobou ademais as propostas de acordo relativas á composición dos seus órganos de goberno: os nomeamentos de Antonio Crespo Ybáñez e Alfonso de Castro González como novos conselleiros independentes, a reelección para os próximos tres anos de Leticia Iglesias Herraiz e a ratificación de Javier Alonso Ruiz-Ojeda.

Antonio Crespo Ybáñez

É licenciado en Administración e Dirección de Empresas e Dereito (E-3) pola Universidad Pontificia de Comillas (ICADE). Conta cun grao en Dereito e Economía e un máster en Sistema Fiscal Internacional por Indiana University. Acumula unha ampla experiencia de 40 anos nos sectores de IT e consultoría.

Entre 1986 e 1988 dirixiu o equipo de Fiscalidade Internacional de Price Waterhouse. Entre 1988 e 2013 desenvolveu unha extensa traxectoria directiva en Hewlett Packard, onde foi conselleiro delegado (CEO) para España e Portugal, tendo asumido previamente as responsabilidades de director financeiro (CFO) e director de operacións (COO). Entre outros fitos, liderou a creación do negocio de servizos IT e a integración de firmas como Compaq e EDS.

En 2013 incorporouse a Deloitte onde desenvolveu a práctica de asesoramento en Estratexia Tecnolóxica e de Tecnoloxía no sector financeiro. Desde 2022 desempeñou o cargo de socio director de Consultoría Global en Deloitte España liderando a transformación estratéxica e o crecemento do negocio de Consultoría da firma.

Como outras posicións relevantes, é membro do padroado da Fundación I+D de España; e anteriormente formou parte dos consellos de Deloitte Advisory España, da Asociación Española de Empresas de Consultoría (AEC), da American Chamber of Commerce, do American Business Council e do comité consultivo da CEOE.

Alfonso de Castro González

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidad de Valladolid. Conta cun máster en Administración de Empresas (MBA) polo Instituto de Empresa (IE) e co Programa de Dirección Xeral do IESE.

Desenvolveu unha extensa carreira internacional de máis de 30 anos en diferentes sistemas financeiros, como Estados Unidos, España, países de Latinoamérica (México, Brasil, Arxentina, Chile, Venezuela), Polonia, Reino Unido e Asia. As súas principais áreas de coñecemento son os riscos crediticios, estruturais e estratéxicos. Conta con experiencia en todos os segmentos (minorista, empresas, maiorista, supervisión regulatoria, supervisión de riscos), así como na construción de equipos de alto rendemento en diferentes xeografías e áreas de servizos centrais.

Desde 1991 desenvolveu unha longa traxectoria en diferentes unidades do Grupo Santander. Tras desempeñar distintas responsabilidades en España e México, entre 2005 e 2013 foi Chief Risk Officer (CRO) de Santander España. Posteriormente trasladouse a Estados Unidos durante dous anos, para exercer primeiro como Chief Risk Management Officer de Sovereign Bank (Santander Bank, N.A.) e desempeñar logo funcións en Santander Holdings US.

Nos anos seguintes desempeñou diversas responsabilidades internacionais desde Madrid, entre elas a de Chief Credit Officer (CCO) para Europa do Grupo Santander entre 2021 e 2023. Nos últimos anos a súa actividade estivo centrada nos consellos de administración de diferentes unidades do Grupo Santander en Perú.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de obrigacións ordinarias por 500 millóns de euros

27-05-2026
Corporativo Financiero

O libro de ordes superou en 2 veces e media o importe ofrecido

ABANCA, 2ª mellor empresa española para traballar, segundo o ranking de Financial Times

21-05-2026
Corporativo

ABANCA está situada no posto 159 entre as 1.000 empresas europeas que forman o ranking, e no posto 6 entre 54 entidades do seu sector.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .