ABANCA, 2ª mellor empresa española para traballar, segundo o ranking de Financial Times
- A entidade sitúase no posto 159 entre 1.000 empresas europeas de diferentes sectores
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA situouse como a segunda mellor empresa española para traballar no ranking ‘Europe’s Best Employers’ do grupo de comunicación The Financial Times e o portal estatístico Statista.
ABANCA ocupa o posto 159 entre as 1.000 empresas europeas que forman o ranking. Dentro do seu sector, banca e finanzas, ABANCA sitúase no posto 6 entre 54 entidades de 15 países e no posto 2 en España.
“A nosa posición refllicte a calidade da proposta de valor que ABANCA ofrece, así como a nosa aposta polas persoas e polo seu desenvolvemento integral”, destaca María Camino Agra, directora general de Personas y Talento de ABANCA.
O estudo contempla un total de 32 países europeos e 26 sectores, e foi elaborado a partir de enquisas anónimas a empregados e empregadas, sen participación das propias compañías. Os resultados baséanse nunha mostra representativa de máis de 400.000 evaluacións.
Os criterios valorados inclúen factores como as condicións de traballo, a retribución, as posibilidades de desenvolvemento profesional ou a imaxe da empresa, entre outros.