• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA aborda con Itsas Garapen Elkartea o acompañamento financeiro ao sector pesqueiro en Euskadi

  • A entidade financeira e o grupo de acción local pesqueiro reúnen en dúas sesións telemáticas especializadas aos principais representantes do mundo do mar no territorio
  • As alternativas de financiamento centran un encontro a distancia, que permite captar ás necesidades do colectivo e traballar nunha proposta de valor
  • O banco pon en valor a súa experiencia, a través da súa unidade especializada ABANCA Mar, e a súa proximidade, logo da recente compra de Bankoa, para dar resposta ás demandas dos distintos axentes do sector

Instante da xornada na que participaron o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, o director xeral de Pesca e Acuicultura do Goberno vasco, Leandro Azkue, e o coordinador de ABANCA Mar fora de Galicia, Mikel Eraso.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-06-2021
Financiero

ABANCA e Itsas Garapen Elkartea celebraron esta mañá de maneira telemática un encontro dixital para analizar as alternativas de financiamento do sector pesqueiro en Euskadi. O evento, que dividiuse en dúas sesións especializadas, contou coa participación do director xeral de Pesca e Acuicultura do Goberno vasco, Leandro Azkue, do director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e do coordinador de ABANCA Mar fora de Galicia, Mikel Eraso.

Baixo o título “Acompañamento ao sector pesqueiro en Euskadi”Serás redirixido a outro sitio web, a xornada de traballo reuniu a representantes do mundo do mar no territorio, que agrupan ao 90% dos axentes relevantes do sector. Cun formato moi dinámico e enfocado en dar solucións ás necesidades de toda a cadea de valor, os tres participantes presentaron alternativas para afrontar os desafíos máis urxentes que viven empresas e traballadores do mar e trazar estratexias de futuro para consolidar unha actividade clave para a economía produtiva vasca.

A primeira parte da xornada estivo enfocada en tratar as necesidades da primeira ligazón da cadea de valor do sector pesqueiro en Euskadi, integrado fundamentalmente por empresas extractivas e armadores. O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, detívose en explicar algunhas das solucións que ofrece a entidade financeira para afrontar un dos retos comúns do sector como é a mellora da sostibilidade a través do proceso de renovación da frota. Para iso, ABANCA Mar dispón de hipotecas navais, que permiten introducir prazos amplos ou carencias para incentivar a construción de novas embarcacións, a remodelación ou a segunda adquisición de barcos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

Na segunda metade do encontro, o foco recaeu no sector transformador e comercializador. Para este colectivo, o coordinador de ABANCA Mar, Mikel Eraso, detívose nalgún dos produtos do amplo catálogo e que son moi demandados, desde o financiamento do circulante, o financiamento de campañas estacionais, o Confir-MAR ou crédito pesqueiro, ademais do financiamento de investimentos a longo prazo, así como os anticipos de subvencións FEMP e o apoio á internacionalización. En definitiva, fórmulas flexibles e a medida das necesidades dos traballadores e empresas do mar.

Pola súa parte, o director xeral de Pesca e Acuicultura do Goberno vasco, Leandro Azkue, centrouse na súa intervención en trasladar aos asistentes a situación actual do estado de execución do FEMP, as posibilidades que ofrece este, e adiantou unhas pequenas pinceladas dos chanzos que se están a dar a nivel estatal, autonómico para a posta en marcha do novo FEMPA a partir do ano 2023.

ABANCA aproveitou o encontro telemático co sector para debullar a proposta de valor da súa división especializada ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, que o banco lanzou hai cinco anos como unha resposta pioneira dentro do sector financeiro. Esta unidade de negocio propón unha fórmula comercial na que únese o amplo coñecemento acumulado do sector, con produtos a medida e xestores especializados centrados nas necesidades das empresas e profesionais do mundo do mar. Desde 2016 creou un extenso catálogo de produtos e servizos, adaptado en todo momento ás demandas do colectivo.

A entidade redobrou nos últimos meses a súa aposta por Euskadi, logo da adquisición o pasado ano de Bankoa. Con esta operación corporativa, ABANCA sumou a experiencia dun banco que coñece de cerca o territorio e incrementou a súa presenza ata alcanzar as 32 oficinas en toda a xeografía vasca.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

MSCI eleva o rating ESG de ABANCA ata AA e sitúao na categoría ‘Leader’

01-04-2025
Financiero

Esta categoría é a mellor das posibles na escala de MSCI, e con iso ABANCA sitúase á cabeza do sector bancario español.

Standard and Poor’s mellora un chanzo o rating de ABANCA

27-03-2025
Financiero

A subida aplicada por Standard and Poor’s é a cuarta recibida por ABANCA desde o pasado mes de novembro, despois das aplicadas por Moody´s, Fitch e DBRS.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .