ABANCA abre a súa terceira oficina en O Porriño
- O centro de atención está situado no número 20 da avenida de Buenos Aires
- Mellor servizo e captación de novos clientes, obxectivos da nova oficina
ABANCA abriu unha nova oficina en O Porriño no número 20 da avenida de Buenos Aires. Con esta apertura o banco con sede en Galicia eleva a tres os centros de atención ao cliente dos que dispón na localidade, xa que tamén conta con outra oficina xeneralista e unha especializada na atención a empresas.
A nova oficina nace con dous objectivos primordiais. Por un lado, reforzar a posición de liderado de ABANCA a través da captación de novos clientes. Ademais, esta oficina farase cargo de parte da base de clientes do outro centro xeneralista de ABANCA en O Porriño (situado na rúa Ramón González, 19). Deste xeito, a apertura da nova oficina permitirá incrementar a calidade do servizo que ABANCA presta aos seus clientes en O Porriño.
Ubicación e comodidade
A oficina destaca pola súa ubicación, cercana ao centro de O Porriño e con boas posibilidades de aparcamento, o que redunda en maior comodidade para os clientes. A súa apertura supón a recuperación dun local propiedade do banco no que no seu momento estivo ubicada unha antiga oficina.