• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA activa novas opcións para responder ás necesidades das confrarías do norte de Pontevedra

  • O banco aborda un ano máis cos representantes dos principais pósitos da ría a situación do sector e reforza o seu traballo conxunto
  • A experiencia do banco, que conta coa unidade especializada ABANCA Mar, serve para achegarse á realidade do colectivo e deseñar solucións a medida
Reunión coas confrarías de Pontevedra

A directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández (sexta pola dereita) e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (terceiro pola esquerda), coas confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Firma dos convenios coas confrarías de Pontevedra

Instante da reunión entre os representantes de ABANCA e das confrarías pontevedresas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-06-2026
Negocio

ABANCA reafirma o seu compromiso co mundo do mar do norte da provincia de Pontevedra un ano máis e renova os convenios de colaboración que mantén coas principais confrarías do norte da provincia de Pontevedra. A entidade financeira e os representantes dos pósitos deste territorio escenificaron esta tarde o impulso común aos desafíos do sector pesqueiro nun acto celebrado na sede de Afundación en Pontevedra.

Ao acto de sinatura asistiron Carmen Fernández, directora territorial de ABANCA en Pontevedra, e Javier Fraga, director de ABANCA Mar, que estiveron acompañados por representantes das confrarías de pescadores pontevedresas e doutros representantes de ABANCA Mar e da rede comercial do banco nestas áreas.. A firma do convenio foi só a primeira parte dunha sesión de traballo na que abordaron os principais retos aos que se enfrontan os pósitos, entre os que destacan a sostibilidade e a mellora da competitividade.

Un texto adaptado á realidade do sector

Coa sinatura destes acordos financeiros, ABANCA dá un paso máis para ofrecer solucións ás necesidades deste colectivo. Cuestións como a renovación da frota, a falta de relevo xeracional, a aposta pola sostibilidade, os escenarios de baixa produtividade, a mortandade e a escalada de custos debido á actual situación xeopolítica son só algúns dos aspectos que atopan resposta tras a sinatura.

Para iso, o banco ofrece unha resposta integral e múltiples solucións de financiamento adaptadas ás necesidades do día a día, así como a grandes investimentos. Ademais, o novo acordo asinado con cada confraría ofrece propostas a medida para situacións como paros biolóxicos, a elevada mortandade ou o incremento dos custos da actividade corrente.

Un dos aspectos que gaña protagonismo no novo acordo é a sostibilidade. En términos prácticos, a entidade financeira ofrece alternativas para a renovación da frota e a súa substitución por embarcacións máis eficientes. Repiten un ano máis produtos altamente demandados, como a hipoteca naval, que se configura como unha opción clave para a substitución de embarcacións por outras máis eficientes, máis respectuosas co medio ambiente e seguras. Todo isto compleméntase con opcións de financiamento deseñadas para promover a sostibilidade, ofrecendo condicións máis atractivas para o colectivo pesqueiro.

Esta firma en común inclúe un total de 14 confrarías de pescadores (A Illa, Bueu, Cambados, Carril, Lourizán, Marín, O Grove, Pontevedra, Portonovo, Raxó, Sanxenxo, Vilaboa, Vilanova e Vilaxoán) e a lonxa de Campelo. Ademais, súmase a outra serie de acordos similares que o banco mantén nas tres provincias costeiras de Galicia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA alíase co sector primario para impulsar as opcións sostibles

05-06-2026
Negocio

ABANCA dá un paso máis no seu apoio ao sector primario de Galicia desde o principal encontro agrogandeiro do noroeste peninsular, a feira ABANCA Semana Verde de Galicia.

Imaxe da firma con Asorporcel

ABANCA únese ao Clúster Marítimo Español para reforzar o seu compromiso coa economía azul

03-06-2026
Negocio

O Clúster Marítimo Español (CME) continúa a reforzar a súa representación dentro da Economía Azul coa incorporación de ABANCA.

ABANCA súmase ao Clúster Marítimo Español
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .