• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA alíase co sector primario para impulsar as opcións sostibles

  • O banco e as asociacións Boaga, Asoporcel e Agaca renovan os seus acordos de colaboración durante o transcurso dunha nova edición da feira ABANCA Semana Verde de Galicia
  • A entidade financeira reforza o seu compromiso co financiamento, que engade novas alternativas para facer fronte a investimentos e as necesidades cotiás do negocio
Imaxe da firma con Asorporcel

O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, firma co representante de Asoporcel, José Barreira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe da firma con Agaca

O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, firma co representante de Agaca, Carlos Ares.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe da firma con Boaga

O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, firma co representante de Boaga, Castor José Rivero.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-06-2026
Negocio

ABANCA dá un paso máis no seu apoio ao sector primario de Galicia desde o principal encontro agrogandeiro do noroeste peninsular, a feira ABANCA Semana Verde de Galicia. O banco aproveitou a cita anual do sector para renovar o convenio de colaboración en materia financeira que mantén con algunhas das asociacións sectoriais máis importantes, como son Boaga, Asoporcel e Agaca.

A sinatura tivo lugar no estand co que conta o banco un ano máis en ABANCA Semana Verde de Galicia, desde o que precisamente a entidade presenta as súas solucións para todo o segmento agrogandeiro. O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, foi o encargado de renovar os textos xunto con Castor José Rivero, presidente de Boaga; José Barreira, presidente de Asoporcel; e Carlos Ares, director-xerente de Agaca.

Os acordos renovados este ano poñen especial énfase na sostibilidade a través do financiamento. Para iso, o banco ofrece produtos deseñados especificamente para acometer os importantes investimentos necesarios para a adopción de enerxías renovables e a implantación de melloras destinadas a reducir o consumo de electricidade ou auga ou a adquisición de maquinaria e vehículos que ofrezan un menor consumo, así como o tratamento e a valorización de residuos.

Un amplo catálogo para calquera propósito

Os novos textos manteñen respecto a anteriores rúbricas a ampla oferta do banco para o segmento. A proposta máis atractiva a disposición dos asociados de Boaga, Asoporcel e Agaca é a Liña de Financiamento Agro Multidestino, unha innovadora solución lanzada xusto nesta feira hai tres anos. Grazas a este produto pioneiro, os clientes poden unificar nun único contrato o financiamento do día a día das súas explotacións agrograndeiras. En concreto, permite dispoñer de fondos para adiantar as axudas da PAC, cubrir os custos das campañas agrícolas e gandeiras e financiar as primas dos seguros agrícolas contratados en ABANCA. O cliente dispón dos fondos, algo que ofrece un aforro evidente de custos, pero tamén simplifica os trámites administrativos.

Ademais doutras opcións de financiamento habituais, tanto para investimentos como para gastos cotiáns, o novo acordo promovido por ABANCA tamén dá entrada aos convenios oficiais co IGAPE, con diferentes SGR nacionais, coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) ou co ICO.

Apoio incondicional ao sector

O acordo entre ABANCA e estas importantes asociacións que representan ao sector chega durante a 48ª edición da feira ABANCA Semana Verde de Galicia, que se celebra do 4 ao 7 de xuño na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda. A entidade financeira reivindica un ano máis o seu compromiso co evento e tamén co recinto feiral silledense.

A entidade financeira mantén unha forte orientación ao servizo e un claro compromiso co sector agrograndeiro de Galicia. Proba diso é a súa unidade especializada, ABANCA Agro, que foi presentada precisamente durante o transcurso desta mesma feira no ano 2015.

Máis de dez anos despois, ABANCA Agro é unha realidade consolidada e superou con creces os retos que se propuxo. Cun volume de negocio que supera os 6.500 millóns de euros e case 60.000 clientes, a unidade creou o seu propio catálogo de produtos e servizos con solucións personalizadas, con xestores especializados altamente cualificados e capacidade de responder as necesidades cambiantes do sector con axilidade.

Desde a súa creación inicial en Galicia, foise expandindo con éxito a outros territorios clave para o banco, como Castela e León, Asturias, Cantabria, Estremadura e Andalucía, e máis recentemente, ao Mediterráneo e Portugal. Todo isto sen descoidar a proximidade co sector, a través dun centenar de acordos de colaboración cos axentes máis relevantes e unha forte presenza nos principais foros da industria agrogandeira.

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) é a entidade que representa e defende os intereses das cooperativas agroalimentarias de Galicia e conta con 97 entidades asociadas e 28.000 membros. O seu obxectivo principal é promover o desenvolvemento sostible e a competitividade das cooperativas agrarias galegas, actuando como un piar fundamental para o sector primario da rexión. Ofrece servizos de asesoramento técnico, xurídico, económico e de xestión ás cooperativas socias. Ademais, organiza programas de formación e desenvolvemento de competencias para mellorar as capacidades dos seus socios e empregados.

BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) é a entidade que aglutina e representa as asociacións de criadores das diferentes razas gandeiras autóctonas de Galicia en perigo de extinción e agrupa case 800 socios. O seu obxectivo principal é a conservación, mellora e promoción destas razas, que forman parte fundamental do patrimonio xenético, cultural e paisaxístico de Galicia. Céntrase principalmente en actividades de conservación e mellora xenética, promoción e difusión de produtos de razas autóctonas e apoio e asesoramento técnico aos criadores.

ASOPORCEL (Asociación de Criadores de Porco Celta) é a organización que une e representa os criadores da raza autóctona de porco celta en Galicia. Esta asociación reúne arredor de 130 explotacións dun centenar de asociados e a súa principal misión é a conservación, recuperación, promoción e mellora desta raza porcina milenaria, que no seu día estivo ao bordo da extinción. ASOPORCEL céntrase na conservación e pureza da raza, fomento e difusión da cría de porco celta entre os gandeiros, destacando o seu valor económico e o seu papel no desenvolvemento rural sostible. Apoia os criadores asociados ofrecendo asesoramento técnico, veterinario e de acceso a subvencións.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA únese ao Clúster Marítimo Español para reforzar o seu compromiso coa economía azul

03-06-2026
Negocio

O Clúster Marítimo Español (CME) continúa a reforzar a súa representación dentro da Economía Azul coa incorporación de ABANCA.

ABANCA súmase ao Clúster Marítimo Español

ABANCA, galardonada dúas veces nos principais premios europeos da industria de produtos estruturados

29-05-2026
Negocio

A obtención dos premios SRP Europe Awards e SP Intelligence Awards acredita o bo desempeño do banco no segmento de produtos estruturados en España e Portugal e reforza o seu posicionamento como entidade de referencia no mercado ibérico.

Representantes de ABANCA nos premios SRP Europe Awards 2026
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .