Desconexión do móbil e aforro ao 3,15% TAE: B100 lanza outro produto que promove a saúde mental
- É o segundo produto relacionado coa saúde mental que lanza o banco dixital
- B100 foi o primeiro banco en relacionar saúde, tanto física como mental, con aforro
- Os clientes de B100 aforraron xa 400 millóns de euros con estes retos
- O primeiro produto animaba a limitar o uso de redes sociais.
- Agora os seus clientes poderán aforrar por desconectar totalmente durante 1, 2 ou 3 horas
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
B100. The Healthy Banking, a marca de banca dixital de ABANCA, acaba de lanzar ao mercado un novo produto financeiro, o terceiro, que recompensa condutas saudables dos seus clientes. O lanzamento sitúa a marca como un dos proxectos máis innovadores do sector a nivel mundial: desde o seu lanzamento os seus clientes aforraron 400 millóns de euros só con estes produtos saudables.
Desde hoxe, aquelas persoas que cumpran un período de desconexión do seu teléfono móbil dunha, dúas ou tres horas poderán traspasar diñeiro a unha conta cunha de las maiores remuneracións do mercado.
“É moi doado: queremos que se vas ao cine, ou tes que estudar ou a cea en familia… que teñas un aliciente máis para silenciar, para poñer en modo avión ou directamente para apagar o teu teléfono. Trátase de ter polo menos un tempo diario de calidade, sen distraccións”, explica Jorge Mahía, director executivo de B100.
“Fixémolo polos fantásticos datos de uso dos nosos retos, tanto de saúde física como mental”, prosegue, “porque xa estamos a axudar a decenas de miles de persoas a levar unha vida máis sa. Temos todo o que unha persoa pode esixir a un banco dixital de última xeración: con B100 podes xestionar o teu diñeiro e aforrar sen esforzo, podes investir, podes viaxar, pero tamén podes atopar axuda para levar unha vida un pouco máis saudable”.
Alén dun reto físico que se pode cumprir camiñando e correndo, e dun segundo reto relacionado coa limitación no uso de redes sociais, o novo reto presentado hoxe aposta por ir un paso máis aló.
Como funciona
Os usuarios de B100 poden seleccionar entre tres opcións que se corresponden con tres períodos de tempo nos que deberán ignorar os seus teléfonos: 1, 2 ou 3 horas, sempre entre as 9 e las 21h.
Canto máis tempo, máis diñeiro poderán aforrar na Conta Health, a conta extra remunerada de B100, que ofrece unha das maiores remuneracións do mercado, ata o 3,15% TAE, con dispoñibilidade total e sen ningunha outra comisión, compromiso nin condición.
Durante ese tempo os usuarios deben evitar desbloquear a pantalla do seu teléfono móbil, se o fan, perderán o reto ata o día seguinte.
Sobre B100
ABANCA Corporación Bancaria lanzou o Healthy Banking de B100 en 2024 e desde entón a marca logrou facerse un oco no espazo no que compiten algunhas das empresas máis innovadoras do mundo cun proxecto único.
Alén do seu catálogo de banca para particulares e dos produtos relacionados coa saúde física e mental, B100 destaca tamén polo seu compromiso medioambiental, xa que doa o 25% dos seus ingresos polo uso das súas tarxetas a un proxecto destinado á loita contra a contaminación mariña. Os clientes poden ver na app o plástico que limpan cada vez que utilizan a súa tarxeta, e o plástico recollido por toda a comunidade.