• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza un novo servizo de asesoramento en filantropía para clientes de banca privada

  • A entidade sitúase á vangarda do sector en España con esta proposta dirixida a canalizar proxectos de impacto social e ambiental
  • O despregamento do servizo comeza co proxecto PLANCTON de Afundación, enfocado na conservación e restauración dos ecosistemas mariños e fluviais
Tablet coa información do novo servizo de asesoramento en filantropía na web comercial de ABANCA

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-11-2026
Negocio

ABANCA dá un novo paso na evolución do seu modelo de negocio co lanzamento dun novo servizo de asesoramento en filantropía. Esta solución está especificamente deseñada para acompañar a particulares, familias e empresas do segmento de banca privada na definición, estruturación e desenvolvemento dos seus proxectos de impacto social e medioambiental.

Con este movemento, a entidade sitúase á vangarda do sector bancario en España, adoptando unha práctica altamente consolidada nas principais firmas de banca privada internacional. O obxectivo do banco é ofrecer unha cobertura integral que transcenda a xestión financeira tradicional para poñer o foco no propósito, o compromiso social e a continuidade do legado patrimonial dos seus clientes.

O team leader de Banca Privada Entidades Non Lucrativas e Impacto de ABANCA, Armando Fandos, destaca que “queremos axudar aos nosos clientes a entender que, máis aló da doazón, a filantropía é unha ferramenta coa que é posible contribuír a proxectos a longo prazo que resulten verdadeiramente transformadores e xeren impacto. Grazas á estreita colaboración coa nosa Obra Social, Afundación, e ao noso profundo coñecemento do ecosistema de entidades non lucrativas, ofrecemos un acompañamento experto durante todo o proceso”.

Tres eixos estratéxicos

Para garantir unha xestión rigorosa e personalizada, o novo servizo de asesoramento en filantropía está estruturado en tres fases. En primeiro lugar, a entidade traballa co cliente na definición da súa visión, identificando as motivacións privados, delimitando o problema social ou ambiental que se busca abordar e involucrando á familia no proxecto. A continuación, procédese ao deseño da estratexia mediante a análise dos vehículos xurídicos e fiscais máis adecuados e a creación de alianzas estratéxicas. Para rematar, incorpórase a reflexión sobre o impacto xerado para entender de forma precisa os resultados obtidos, algo fundamental para poder mellorar e detectar novas oportunidades de colaboración no futuro.

O Proxecto PLANCTON de Afundación, punto de partida

Como parte do despregamento inicial do servizo, ABANCA poñerá ao dispor dos seus clientes de banca privada unha primeira causa medioambiental amplamente consolidada: o Proxecto PLANCTON, impulsado por Afundación e enfocado na conservación, protección e restauración dos ecosistemas mariños e fluviais. Esta iniciativa púxose en marcha en 2021 e desde entón as accións impulsadas neste marco permitiron retirar máis de 164 toneladas de residuos das contornas costeiras.

Os clientes que o desexen poderán colaborar tanto mediante achegas económicas como a través da participación activa nas xornadas de sensibilización e limpeza do litoral que se organicen. PLANCTON será a primeira dunha serie de causas filantrópicas nas que a entidade reforzará as sinerxías coa súa Obra Social e con outros aliados do sector non lucrativo, A posta en marcha deste novo servizo reforza a aposta pola especialización que iniciou o banco coa creación da súa unidade especializada en Entidades Non Lucrativas e Impacto, e consolida o seu posicionamento non só como socio financeiro dos seus clientes, senón como un actor clave no impulso do desenvolvemento sostible e social.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA escenifica o seu compromiso co mundo do mar e renova o seu acordo coas confrarías do sur de Galicia

29-10-2026
Negocio

ABANCA volveu asociarse cun dos colectivos máis importantes da economía produtiva do sur de Galicia: as confrarías de pescadores.

Foto de familia coas confrarías de Vigo

ABANCA permite aos seus clientes o pago presencial co móbil en comercios mediante Bizum Pay

21-09-2026
Negocio

O banco pon ao dispor da súa clientela o novo servizo para pagar en tendas físicas con Bizum ou con tarxeta de forma rápida, cómoda e segura, con só achegar o móbil ao TPV.

Imaxe de recurso do pago sen contacto co teléfono móbil desde a aplicación de Bizum Pay
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .