ABANCA incorpora BIMI e RCS para aumentar a confianza das súas comunicacións a clientes
- A entidade financeira desprega estes protocolos nas mensaxes por correo electrónico e a móbiles, o que é fundamental para reducir potenciais suplantacións
- O banco avanza nas accións dirixidas a conciencia á súa clientela e plantilla coa finalidade de detectar notificacións falsas de forma máis evidentes
Dous terminais que acaban de recibir unha mensaxe RCS de ABANCA e de B100.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA avanza no seu compromiso de reforzar a confianza da súa clientela fronte ao ciberfraude e acaba de incorporar nas súas comunicacións a clientes dous dos protocolos máis avanzados na materia: BIMI e RCS. Xuntos, axudarán aos usuarios a identificar con maior claridade as mensaxes enviadas lexitimamente polo banco e a detectar potenciais suplantacións. Estas novidades chegan tamén para os clientes de B100, a marca de banca dixital do banco.
A primeira das tecnoloxías que ABANCA inclúe nas súas comunicacións é BIMI (acrónimo de Brand Indicators for Message Identification), un estándar aberto de seguridade e marca que serve ao banco para garantir que correo electrónico é enviado por un remitente 100% lexítimo. Este protocolo é compatible cos principais clientes de correo electrónico e visualmente os usuarios van percibir que xunto ao nome do remitente, neste caso ABANCA, íncorpórase un recoñecible check azul.
Con este selo, e sen requirir ningunha acción por parte do cliente, o banco garante a trazabilidade da mensaxe recibida na caixa de entrada e dificulta aos ciberdelincuentes suplantar a identidade da entidade e comprometer a seguridade dos clientes.
Para poder despregar este protocolo, o banco superou estritos controis de seguridade informática que lle permitiron obter un certificado dixital, denominado VMC, que vincula criptograficamente o logotipo de ABANCA co seu dominio, de xeito que poida mostrarse oficialmente nas principais caixas de entrada dos usuarios.
As comunicacións máis seguras a móbiles
O despregamento desta tecnoloxía coincide tamén coa extensión doutra igualmente relevante para as comunicacións móbiles: RCS (acrónimo de Rich Communication Service), que de agora en diante se converte na vía de comunicación preferida, substituíndo as mensaxes curtas convencionais.
Sen requirir ningunha acción por parte do cliente, esta tecnoloxía permite ofrecer confianza nas comunicacións que reciben os usuarios nos seus teléfonos móbiles a través de algúns elementos diferenciadores. O máis destacable é un novo perfil de marca verificado, que inclúe o nome de ABANCA, o logotipo e un distintivo check azul. A migración das comunicacións de SMS a RCS permite engadir outros elementos visuais e de seguridade como botóns interactivos, a capacidade nativa de inserir vídeos ou imaxes, o uso de emojis ou dispor de información sobre se a mensaxe foi entregada ou lida.
Nos últimos anos as mensaxes de texto convencionais convertéranse nunha porta de entrada para a ciberdelincuencia e técnicas como o smishing trataban de comprometer a seguridade do usuario. Coa implementación deste estándar, será moito máis doado detectar posibles suplantacións de identidade.