ABANCA únese ao Clúster Marítimo Español para reforzar o seu compromiso coa economía azul
- Esta nova alianza permite dar un impulso conxunto a un sector clave no tecido produtivo do noso país
- O acordo permite centrarse en desafíos clave como a transición enerxética, a dixitalización, a sostibilidade e a modernización industrial
De esquerda a dereita, Raquel Ibares, directora do Clúster Marítimo Español; Víctor Casal, director executivo de Banca Corporativa, Empresas e Pemes de ABANCA; Javier Garat, presidente do Clúster Marítimo Español; e Javier Fraga, director de ABANCA Mar.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
O Clúster Marítimo Español (CME) continúa a reforzar a súa representación dentro da Economía Azul coa incorporación de ABANCA, entidade financeira cunha sólida presenza no ámbito empresarial e unha ampla experiencia no apoio a sectores estratéxicos para a economía española.
A incorporación de ABANCA supón un novo impulso para unha organización que na actualidade integra a máis de 150 entidades e representa a case 3.000 empresas vinculadas a toda a Economía Azul española, consolidándose como un dos principais espazos de encontro e representación do sector marítimo nacional.
Con esta incorporación, ABANCA busca demostrar o seu compromiso cun sector clave para o tecido produtivo do país. A chegada da institución financeira pon ademáis de manifesto a crecente importancia económica e estratéxica da Economía Azul, unha área que nos últimos anos se consolidou como un dos principais motores de transformación, innovación e investimento en Europa.
Actualmente, xa se están a destinar máis de 11.000 millóns de euros de capital privado a actividades vinculadas á Economía Azul en Europa, unha cifra que podería alcanzar os 20.000 millóns nos próximos anos, impulsada por sectores como o transporte marítimo, os portos, a pesca, as enerxías mariñas renovables, a xestión da auga ou a dixitalización portuaria.
Neste contexto, o Clúster Marítimo Español continúa a ampliar a súa capacidade de representación e diálogo, integrando perfís clave que contribúen ao desenvolvemento económico, a competitividade e a transformación do sector marítimo español.
ABANCA é unha entidade financeira cun forte enfoque no sector empresarial e unha especialización líder en sectores estratéxicos vinculados ao territorio, a industria e a economía produtiva. O banco conta cunha unidade especializada para o sector, ABANCA Mar, unha iniciativa pioneira entre as entidades financeiras españolas. A través du catálogo deseñado a medida e xestores altamente especializados, é capaz de ofrecer solucións financeiras, asesoramento e apoio a toda a cadea de valor do mundo do mar en procesos de crecemento, internacionalización, innovación e investimento.
Coa incorporación de ABANCA ao entorno do Clúster tamén se reforza a importancia de seguir impulsando as sinerxías entre o sector marítimo e o ámbito económico-financeiro, especialmente nun contexto marcado polos desafíos da transición enerxética, a dixitalización, a sostibilidade e a modernización industrial.