• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína envían 23 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína

  • O destino do material solidario son as municipalidades de Truskavets e Leópolis, situadas na zona oeste do país
  • A axuda inclúe roupa de abrigo, produtos de alimentación e hixiene, así como material de primeiros auxilios e medicamentos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

11-03-2022
RSC

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína realizaron esta mañá o envío de 23 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína. Un grupo de 30 voluntarios reunidos polas tres organizacións sumaron esforzos para cargar todo o material no camión, que partiu sobre as 11.00 horas da nave de Pocomaco cedida polo banco e a súa Obra Social a AGA- Ucraína como centro de operacións.

Espérase que a axuda chegue a Przemysl, punto fronteirizo entre Ucraína e Polonia onde está habilitado un almacén de recollida, o vindeiro martes, 15 de marzo. Desde alí, realizarase o traslado do material ata o seu destino final, as municipalidades de Truskavets e Leópolis. Estas dúas localidades están situadas ao oeste de Ucraína, aproximadamente a cen quilómetros da fronteira polaca, e atópanse polo momento apartadas das zonas de centrais da ofensiva, pero sofren desabastecemento de produtos básicos e están a recibir a moita poboación desprazada doutras zonas do país que foxe cara á fronteira e que necesita asistencia humanitaria.

O material enviado esta mañá procede das doazóns recibidas pola asociación desde diferentes puntos de Galicia e das recollidas organizadas a pasada fin de semana polo Real Club CeltaSerás redirixido a outro sitio web e o Real Club DeportivoSerás redirixido a outro sitio web en colaboración co banco e a súa obra social. Inclúe roupa de abrigo (mantas, sacos de durmir, roupa térmica, etc.), alimentos precociñados e en conserva, produtos de alimentación infantil, material de primeiros auxilios e medicamentos, e produtos de hixiene, tanto básicos como de hixiene feminina e infantil.

A presidenta de AGA-Ucraína, Natalia Afonina, sinalou que “estamos en contacto permanente coas autoridades e axentes locais que coordinan a asistencia á poboación e será necesario seguir enviando axuda nas próximas semanas, aínda que poden variar as necesidades”. Tamén fixo fincapé en que “seguen sendo fundamentais as doazóns económicas”.

O presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, agradeceu “todo o traballo que está a realizar AGA- Ucraína e a solidariedade demostrada por toda a sociedade galega, que se implicou coas accións de recollida de material que se organizaron”. Así mesmo, subliñou que tanto o banco como a súa Obra Social “continuamos ao dispor dos colectivos sociais para colaborar nas iniciativas que poidan xurdir para facer fronte á tremenda crise humanitaria provocada polo conflito”.

Ademais do apoio á asociación AGA- Ucraína, ABANCA e Afundación manteñen vixentes outras medidas que impulsaron para contribuír a paliar as necesidades da poboación ucraína e as persoas refuxiadas, como a conta solidaria ES80 2080 7208 3385 3000 7122 para recadar fondos para Cruz Vermella e Save the Children, a gratuidade das transferencias que se realicen desde España a Ucraína ou o aproveitamento da infraestrutura creada para o programa Cultura por Alimentos para a recollida de material nos espazos de Afundación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .