• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína reúnen 92 toneladas de axuda humanitaria para enviar a Ucraína

  • As tres organizacións remitiron hoxe 46 toneladas de produtos de primeira necesidade, que se suman ás 23 toneladas enviadas o 11 de marzo e a outras 23 que se enviarán proximamente desde León
  • Os dous camións que transportan o novo material partiron desde Santiago de Compostela e Ourense cara ao punto fronteirizo de Przemysl

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe do camión que partiu de Santiago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe do camión que saíu de Ourense.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-03-2022
RSC

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína realizaron hoxe un novo envío de axuda humanitaria a Ucraína cun total de 46 toneladas de material solidario, que se suman ás 23 toneladas que partiron da Coruña o pasado 11 de marzo e foron entregadas o día 15 no punto fronteirizo de Przemysl, entre Polonia e Ucraína. O banco e a súa Obra Social están a organizar neste momento a saída dun cuarto camión con 23 novas toneladas de axuda humanitaria desde León.

Neste caso, o transporte realízano dous camións que saíron hoxe desde Santiago de Compostela e Ourense con 23 toneladas de axuda cada un. O material que levan procede das doazóns realizadas pola cidadanía e outras organizacións solidarias na zona de Santiago e comarca e na provincia de Ourense, onde se contou coa colaboración do ConcelloSerás redirixido a outro sitio web e a Deputación ProvincialSerás redirixido a outro sitio web.

En Santiago, a axuda estaba almacenada na Cidade da Cultura, e en Ourense, nunha nave da Deputación situada no Polígono de San Cibrao cedida polo ente provincial a AGA- Ucraína. En ambos os casos, o material enviado inclúe roupa de abrigo, produtos de alimentación e hixiene, así como artigos de primeiros auxilios e medicamentos.

O destino dos camións será, ao igual que no primeiro envío, o punto fronteirizo de Przemysl, entre Polonia e Ucraína. Alí está habilitado un almacén de recollida desde onde se realizará o traslado do material ata as municipalidades de Truskavets e Leópolis, situadas ao oeste de Ucraína. Estas dúas localidades sofren desabastecemento de produtos básicos e atópanse no corredor de saída da poboación que foxe doutras zonas do país cara á fronteira e que necesita asistencia humanitaria.

A presidenta de AGA-Ucraína, Natalia Afonina, desprazouse a Santiago para apoiar ás persoas voluntarias que realizaron as tarefas de selección, clasificación e carga de material nos camións. Na capital galega estivo acompañada polo director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, e a coordinadora de Marketing de Afundación, Rosario Rodríguez. En Ourense, acudiron a agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias o director de zona Ourense Centro de ABANCA, Enrique Romero, e a coordinadora xeral de RSC e Institucional de Afundación, Pilar Alves.

Ademais do apoio á asociación AGA-Ucraína, ABANCA e Afundación manteñen vixentes outras medidas que impulsaron para contribuír a paliar as necesidades da poboación ucraína e as persoas refuxiadas, como a conta solidaria ES80 2080 7208 3385 3000 7122 para recadar fondos para Cruz Vermella e Save the Children, a gratuidade das transferencias que se realicen desde España a Ucraína ou o aproveitamento da infraestrutura creada para o programa Cultura por Alimentos para a recollida de material nos espazos de Afundación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .