• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA alíase coas cooperativas estremeñas para responder ás demandas do sector primario

  • A entidade financeira rubrica dous acordos coas cooperativas Agrollerena y Comarca e Alonso de Ojeda, nos que os seus cooperativistas beneficiaranse desde este momento da oferta sectorial de ABANCA para el mundo agrario
  • O banco canaliza a través da súa unidade ABANCA Agro as necesidades do colectivo e ofrece un catálogo adaptado e xestores especializados
  • En total, ABANCA mantén en vigor nove convenios de colaboración que ofrecen tanto alternativas para facer fronte ás necesidades de circulante, como para impulsar investimentos

O director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado (terceiro pola dereita), xunto ao presidente de Agrollerena y Comarca, Eduardo Torres (terceiro pola esquerda), e outros representantes da cooperativa e ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado (segundo pola dereita), xunto ao xerente da cooperativa Alonso de Ojeda, Carlos García (segundo pola esquerda), e outros representantes de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

07-07-2020
Negocio

ABANCA referendou o seu compromiso co sector primario estremeño logo de firmar dous convenios de colaboración coas cooperativas Agrollerena y Comarca e Alonso de Ojeda. Con estas rúbricas, o banco desprega na comunidade a súa estratexia de apoio ao mundo agro, un dos segmentos clave de la economía rexional.

Nas firmas participaron por parte da entidade financeira o seu director territorial en Estremadura-Sur, Óscar Salgado, e o coordinador de ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web en Estremadura, Roberto Torres. O xerente da cooperativa Alonso de Ojeda, Carlos García; o presidente de Agrollerena, Eduardo Torres; e o socio fundador, Marcelo Rodríguez, completaron o acto.

Os novos textos centran a acción no acceso ao crédito a través tanto de produtos destinados ás necesidades más inmediatas, como de outros pensados para acometer investimentos ou reforzar a rendibilidade. O traballo conxunto do banco con estas cooperativas permitiu adaptar os textos firmados á nova realidade e dar cabida a novos produtos con prazos máis amplos de amortización, carencias o tramitación más áxil, que complementan os convenios oficiais en vigor de aplicación ao sector como os avais do ICO ou o convenio con SAECA.

De maneira directa, os cooperativistas poderán acceder á oferta sectorial do banco, onde destaca o préstamo persoal ou o leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo, que pode chegar ata aos 12 anos no caso do préstamo. Modalidades pensadas para algúns dos desafíos que afrontan estes cooperativistas nos vindeiros anos como a renovación ou adquisición de maquinaria, a modernización dos cultivos ou a implantación de enerxías renovables.

Neste catálogo a medida tamén se ofrece a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, ideada para o sector e que supón un revulsivo para as necesidades de liquidez de cada momento, cun importante aforro en gastos notariais. O financiamento a curto prazo complétase co anticipo colleita ou o préstamo campaña para facer fronte aos gastos habituais da próxima colleita. Estas alternativas súmanse a outras fórmulas de crédito como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto.

Os seguros son tamén protagonistas nos convenios firmados con estas cooperativas estremeñas, cunha liña específica de financiamento de seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento ata en 12 mensualidades, xusto cando os seguros cobran especial relevancia e co único custo dunha comisión de apertura.

Con estas firmas, ABANCA mantén e potencia o seu compromiso co campo estremeño, renovando e asinando novos convenios con algunhas das cooperativas máis relevantes de Cáceres e Badajoz.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .