• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA apoia o diálogo sectorial financeiro sobre progreso, sostibilidade e dixitalización celebrado en Santiago

  • O evento ‘Diálogos co sector bancario para o progreso económico e social’ contou coas intervencións do presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado Francisco Botas

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-09-2023
Corporativo Sostenibilidad

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron hoxe no evento ‘Diálogos co sector bancario para o progreso económico e social’, organizado por AEB, CECA e UNACC, en colaboración coa Presidencia española do Consello da Unión Europea.

A xornada, que tivo lugar no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela, contou tamén coas intervencións da vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital en funcións, Nadia Calviño, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente do Banco Central de Uruguai, Diego Labat, o ministro de Facenda e Crédito Público de Colombia, Ricardo Bonilla, a presidenta de AEB, Alejandra Kindelán, o director xeral de CECA, José María Méndez, e a secretaria xeral de UNACC, Cristina Freijanes, ademais dunha ampla representación de organismos e entidades financeiras españolas.

Solidez do sector financeiro

Na súa intervención de apertura, o presidente de ABANCA destacou que “o sector financeiro ten un papel decisivo para asegurar o crédito, apoiar o investimento, facilitar o consumo, impulsar infraestruturas e facilitar servizos financeiros”. Como logros dos últimos anos, mencionou o esforzo realizado en financiamento e outras fórmulas de apoio aos clientes, así como as súas melloras en solvencia, liquidez e morosidade.

De fronte ao futuro, destacou a importancia da sostibilidade e a transformación dixital. Sobre a primeira defendeu que sexa "compatible cun proceso que minimice os efectos negativos e capture as oportunidades que suporá para novos sectores", aínda que doutra banda expresou a súa preocupación por que "este titánico reto da humanidade descanse demasiado no papel da banca”.

En relación coa dixitalización, sinalou que “continuará cambiando o carácter, as operacións, a relación cos clientes e o desempeño da banca no seu conxunto”. Sinalou que as entidades deben "cumprir as esixentes expectativas dun cliente dixital” ao mesmo tempo que proporcionar “unha atención próxima e persoal ao cliente máis analóxico". Ademais reclamou "evitar que a fenda dixital desencadee exclusión financeira, con especial impacto na atención aos maiores".

Sostibilidade

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, interveu na sesión dedicada á sostibilidade. En primeiro lugar explicou que a responsabilidade é un dos valores corporativos de ABANCA desde o seu lanzamento. Isto traduciuse, entre outras decisións, en ser un dos Signatarios Fundadores dos Principios de Banca Responsable, a iniciativa financeira do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP FI).

Como temas de especial relevancia para o proceso de transición, citou a necesidade de que, como ocorre en ABANCA, a sostibilidade estea liderada nas organizacións polo consello de administración e a alta dirección. Doutra banda, no plano da regulación, avogou por unha maior homoxeneización dos conceptos e clasificacións, mellorando as definicións e concretando os obxectivos.

Como elementos que definen o modelo de ABANCA no ámbito da sostibilidade, destacou a súa vocación de acompañamento ás empresas. Así, explicou que, sen reducir o financiamento brown, o banco está a potenciar o financiamento verde e sendo especialmente activo en actividades como a automoción e a vivenda. Ademais de na regulación, sinalou que a entidade centra o seu esforzo no cliente, con exemplos como a creación de ABANCA Energy para trasladar o seu coñecemento ás empresas.

Outras actividades

Ademais de intervir no evento ‘Diálogos co sector bancario para o progreso económico e social’, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participan no desenvolvemento de Financial Forum 2023 Eurofi, enmarcado tamén no ECOFIN Informal que se celebra en Santiago de Compostela esta semana.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .