ABANCA axudará a cinco innovadores a desenvolver e aplicar os seus proxectos
- O Programa ABANCA Innova é unha iniciativa de promoción do talento dirixida a favorecer o desenvolvemento de ideas innovadoras
- Tras a realización dun programa formativo con bolsa de estudos, un deles será contratado pola entidade durante un ano, integrándose nos equipos de desenvolvemento de novas ideas

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCASerás redirixido a outro sitio web puxo en marcha o Programa ABANCA Innova, unha iniciativa de promoción do talento dirixida a axudar formativa e laboralmente a universitarios para que poidan desenvolver e facer realidade os seus proxectos de innovación. O Programa está orientado a proporcionarlles as habilidades e metodoloxías de traballo necesarias para que poidan crear a súa propia start-up ou desenvolver e ver implantado o seu proxecto de innovación dentro de ABANCA.
“O Programa ABANCA Innova forma parte do noso compromiso co coñecemento e a innovación, as dúas palancas que consideramos máis poderosas para xerar desenvolvemento económico e social na nosa contorna”, sinala María Camino, directora xeral de Capital Humano de ABANCA.
O Programa Innova ABANCA está dirixido a titulados universitarios (grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría técnica ou superior, máster ou posgrao) que obtivesen a súa titulación por algunha das universidades e centros académicos de Galicia, Asturias e León.
Innovación financeira
Os candidatos deberán presentar un proxecto de innovación aplicable á actividade financeira, como a planificación de novos produtos e servizos, a mellora da experiencia de cliente, a creación de novas canles ou aplicacións, etc.
ABANCA seleccionará a cinco deles e ofreceralles un paquete de impulso integral en dous bloques, formativo e laboral. No primeiro deles, cunha duración de 12 semanas, ABANCA becará aos cinco seleccionados para a realización do Programa Avanzado de Lean Innovation baseado na metodoloxía Kickbox de Adobe.Serás redirixido a outro sitio web
Ao final deste período, entre os cinco participantes seleccionarase a un innovador que pasará á seguinte fase, na que ABANCA ofreceralle un contrato dun ano, tempo no que, integrado nos equipos de desenvolvemento de novas ideas, participará no desenvolvemento e implementación do proxecto dentro do banco.
Proceso de selección
A selección dos cinco innovadores participantes realizarase a través da web www.abanca.com/innova, canle á que os candidatos deberán remitir as súas solicitudes. O prazo iniciarase o 22 de xuño e finalizará o 12 de xullo, ambos incluídos. A comunicación das candidaturas seleccionadas terá lugar na última semana de xullo.