• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA celebra o Día da Música cun concerto das orquestras ABANCA ReSuena

Algúns dos nenos e nenas que participan no proxecto ABANCA ReSuena.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Programa ABANCA ReSuena Día da Música 2017 Programa con información de ABANCA ReSuena e do concerto que se celebrará o día 21 de xuño de 2017 no Palacio da Ópera da Coruña. Ver ficheiro PDF
20-06-2017
RSC

ABANCA celebra este mércores 21 de xuño o Día da Música cun concerto no Palacio da Ópera a cargo das orquestras que forman parte do proxecto ABANCA ReSuena, posto en marcha polo banco en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia co fin de promover a educación en valores a través da música.

Os 186 nenos e nenas que participan na actualidade na iniciativa terán a oportunidade de demostrar ante o público os coñecementos adquiridos ao longo do último ano, tras o éxito do primeiro concerto ofrecido en Nadal ante máis de 1.000 persoas.

Baixo a dirección de Diego Zecharies, director artístico e musical de ABANCA ReSuena, os alumnos interpretarán unha selección das obras que aprenderon nos últimos meses de estudo e ensaios. O programa inclúe un arranxo da banda sonora de Xogo de Tronos; a sonoridade sinfónica de ‘A Gran Porta de Kiev’, o último movemento de ‘Cadros para unha exposición’ de Mussorsky; o toque latino de ‘Chamambo’; a frescura e esixencia técnica de ‘Can Can’; o Himno da Alegría e o propio himno de ABANCA ReSuena.

A música comezará a soar no Palacio da Ópera ás 19.30 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar o aforamento.

Compromiso coa educación

A aposta de ABANCA por este proxecto ideado pola Orquestra Sinfónica de GaliciaSerás redirixido a outro sitio web responde a unha visión da música como unha ferramenta única para o estímulo da aprendizaxe dunha maneira lúdica e diferente, que ademais axuda a transmitir valores fundamentais entre os máis pequenos, como a dedicación, o esforzo, a procura da excelencia e a superación artística.

O programa conta co apoio do banco desde os seus inicios en 2014 no Centro Cívico de Monte Alto. En decembro de 2015 a iniciativa ampliouse ao CEIP Alborada en ElviñaSerás redirixido a outro sitio web grazas á doazón dun lote 150 instrumentos musicais realizada pola entidade. Nestes dous espazos case 200 nenos e nenas reciben cada semana clases de teoría e sesións individuais a cargo de 22 profesores de máximo nivel, todos eles músicos profesionais da OSG. Ademais, realizan ensaios tanto en grupo como coa Orquestra Sinfónica ABANCA ReSuena.

A orquestra ABANCA ReSuena compleméntase co Coro de Mans Brancas, formado por alumnos do Colexio de Xordos da nosa Señora do Rosario, no que se logrou integrar a nenas e nenos con diferentes problemáticas como a síndrome de Down, o autismo ou a xordeira.

O obxectivo do banco é que a iniciativa poida estenderse a outros barrios da cidade e, nunha fase posterior, a outras cidades de Galicia.

ABANCA foi recoñecida por este proxecto na II Edición dos Premios Excelentia (2016) na categoría de empresa comprometida coa cultura por facilitar que nenos e mozos de diferentes estratos sociais, e tamén con discapacidade, se integren aprendendo a tocar instrumentos de música.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .