• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA completa a primeira proba multibanco en España de depósitos tokenizados

  • A iniciativa responde á aposta pola innovación financeira para anticipar a evolución do sector ante a adopción de tecnoloxías baseadas en blockchain que promovan a creación de novos servizos de valor engadido para os seus clientes
  • A proba constitúe un importante paso adiante para o desenvolvemento do ecosistema do diñeiro dixital en España e confirma o papel fundamental do diñeiro tokenizado como mecanismo de pago e liquidación nos mercados dixitais
  • A iniciativa xerou unha base de coñecemento compartida sobre a que seguir avanzando

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-07-2026
Negocio

ABANCA, en colaboración con Cecabank, Ibercaja, Kutxabank e Unicaja, completaron con éxito a primeira proba de concepto de depósitos tokenizados de carácter multibanco en España, un fito que confirma o potencial do diñeiro dixital para transformar os procesos de pago e liquidación no ámbito financeiro.

O banco referenda a súa aposta pola innovación financeira para anticipar a evolución do sector ante a adopción de tecnoloxías baseadas en blockchain e comparte co resto das entidades a visión de que estas novas infraestruturas permitirán, a medio prazo, a construción dun ecosistema financeiro baseado nunha infraestrutura máis áxil, rápida, segura e transparente, facilitando o desenvolvemento de novos servizos de maior valor para os seus clientes.

A proba executouse nunha contorna pechada e controlada, mediante transferencias interbancarias de depósitos tokenizados entre as entidades participantes, empregando unha estrutura de contas creada por Cecabank para garantir a liquidación instantánea de movementos en sincronía coa operativa xerada na rede DLT.

Os resultados validaron a viabilidade técnica e operativa do modelo e constitúen un avance relevante para o desenvolvemento do ecosistema do diñeiro dixital en España, ao evidenciar as melloras que o instrumento pode ofrecer en comparación cos procesos de liquidación tradicionais e xerar unha base de coñecemento compartida sobre a que seguir avanzando.

A proba dá continuidade a outras iniciativas de innovación entre as que destaca a proba de concepto para a emisión dun bono tokenizado, desenvolvida no 2024 en coordinación co Banco de España, consolidando así unha traxectoria de colaboración dirixida a explorar novas infraestruturas financeiras baseadas na tecnoloxía DLT.

Proxectos como Pontes e Appia, impulsados polo Eurosistema, están a axudar a definir a futura arquitectura do sistema financeiro dixital europeo, no que o diñeiro tokenizado está chamado a desempeñar un papel fundamental como mecanismo de pagamento e liquidación nos mercados dixitais.

Esta primeira iniciativa de depósitos tokenizados en España foi orquestrada e xestionada por Cecabank, co apoio estratéxico de Boston Consulting Group (BCG) e o apoio tecnolóxico da plataforma Asseto de ioBuilders. O proxecto, impulsado por ABANCA, Cecabank, Ibercaja, Kutxabank e Unicaja, contou tamén coa participación de Colonya Caixa Pollença e Caixa Ontinyent como entidades observadoras, que seguiron a evolución e os resultados da proba.

Depósitos tokenizados

Os depósitos tokenizados constitúen unha evolución do depósito bancario tradicional que preserva plenamente a súa natureza xurídica, regulatoria e contable, ao tempo que incorpora as capacidades propias do diñeiro programable: liquidación instantánea, dispoñibilidade permanente e automatización de fluxos mediante contratos intelixentes.

A diferenza doutras formas de diñeiro dixital, o depósito tokenizado permanece no balance do banco emisor baixo o mesmo marco prudencial aplicable ao depósito tradicional, mantendo a cobertura do Fondo de Garantía de Depósitos, a función de intermediación crediticia e a relación contractual directa entre a entidade e os seus clientes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA completa con Visa unha compra nun comercio iniciada por un axente de IA

02-07-2026
Negocio

ABANCA, en colaboración con Visa, completou con éxito unha transacción iniciada por un axente de intelixencia artificial en nome do titular dunha tarxeta.

ABANCA reúne en Vigo á súa rede de axentes para impulsar o seu crecemento

11-06-2026
Negocio

ABANCA reuniu hoxe en Vigo ao equipo de ABANCA Axentes Financeiros, unha canle que gañou protagonismo na estratexia de crecemento do banco no negocio patrimonial.

Foto de familia dos axentes
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .