ABANCA completa o despregamento da súa concepción máis vangardista de oficina en Tenerife
- A conversión deste centro, emprazado na avenida San Sebastián nº 5, permite implantar os últimos desenvolvementos tecnolóxicos
- A entidade financeira redobra o seu compromiso coa atención máis personalizada, con xestores especializados e produtos adaptados a particulares e empresas
- O banco avanza na transformación dos seus centros de Canarias, tras completar hai uns meses a conversión da súa oficina en Gran Canaria
ABANCA dá un novo impulso á implantación do seu novo modelo de oficina en Canarias coa estrea do seu centro deSanta Cruz de Tenerife. A oficina, emprazada na avenida San Sebastián, 5 acaba de completar unha transformación integral da súa fisionomía, que agora gaña en modernidade e ofrece maiores prestacións a clientes e empregados.
O fin das obras deixa paso a unhas instalacións redeseñadas desde cero para incorporar un modelo que a entidade financeira está despregando nos seus espazos máis emblemáticos. Trátase dunha concepción vangardista que busca mellorar a atención ao cliente e ofrecer as solucións tecnolóxicas máis más innovadoras do mercado tanto a clientes particulares como a empresas.
Un deseño á medida dos clientes
Emprazada nun espazo privilexiado da cidade e preto de enclaves estratéxicos e de servizos, esta remodelación destaca na súa aposta por potenciar a transparencia, xa que se eliminan os despachos. No seu lugar, a nova oficina conta cunha con una sala de reunións adaptadas ás necesidades dos clientes. A vocación comercial está reflexada en seis espazos de atención para clientes nos que os xestores dan resposta en mobilidade con dispositivos Surface. Os empregados teñen tamén á súa disposición cinco postos de xestión para as operacións no presenciais. Por último, a oficina conta cun posto de atención transaccional para a operativa de efectivo e as tarefas máis administrativas.
Esta reforma vai permitir un salto cualitativo na especialización da súa oferta, na aposta pola atención personalizada e por dar respostas adaptadas a cada segmento. Non en vano, a entidade financeira ofrece un servizo integral para os clientes particulares, grazas aos xestores altamente preparados para atender as súas necesidades. De maneira adicional, a Oficina de Empresas de Santa Cruz de Tenerife completa as capacidades de ABANCA na illa con produtos e profesionais á altura do colectivo, as súas demandas e expectativas.
A transformación integral foi aproveitada tamén para ganar en axilidade á hora de realizar as operacións máis habituais. As novas instalacións estrean un caixeiro de última xeración que permite, ademais de retiradas, realizar ingresos en firme, pagos de recibos en efectivo e outras operativas con moedas.
A estratexia de dixitalización do banco complétase nesta oficina habilitando outros espazos para que os clientes realicen de maneira autónoma as súas operacións máis habituais. As instalacións incorporan unha rede WIFI gratuíta.
A entidade financeira mantén en Canarias catro oficinas nas Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife, Vecindario e Arona. Esta oferta compleméntase con dous espazos para empresas, un en Santa Cruz e outro nas Palmas.