ABANCA e a Asociación Berciana de Agricultores renovan a súa colaboración cunha proposta de crédito a medida e o impulso da sostibilidade
- A entidade financeira e a asociación traballan en conxunto para favorecer a mellora das explotacións agrícolas
- O acordo ofrece un catálogo de produtos e servizos deseñados pola unidade especializada ABANCA Agro
- O convenio recolle o novo plan de pensións ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’ para persoas autónomas e a ‘Líña de Financiamento Agro Multidestino’
ABANCA continúa a súa aposta polo sector do campo en plena recta de final de ano coa renovación do acordo de colaboración que mantén coa Asociación Berciana de Agricultores (ABA). Un acordo que outorga especial relevancia á sostibilidade e que permite aos agricultores e agricultoras facer fronte ás necesidades actuais do campo con solucións para impulsar as inversións e así mellorar a competitividade.
O acordo foi asinado hoxe en Villadepalos, no Bierzo, polo coordinador de ABANCA Agro en Castela e León, Alfonso García, e o presidente da Asociación Berciana de Agricultores, Daniel Franco. Os dous representantes aproveitaron a firma para conversar sobre a situación actual do campo, os retos aos que se enfronta e acordaron manter un contacto fluido entre ambas partes de cara a abordar en conxunto posibles retos do futuro.
O convenio reflicte o compromiso que ABANCA mantén co sector primario, detalla unha serie de fórmulas de crédito deseñadas especificamente para os agricultores e agricultoras asociadas e sitúa a sostibilidade no epicentro do acordo. A través dunha serie de produtos e servizos específicos, o documento recolle a posta en marcha de novos proxectos e a mellora da competitividade dos actuais.
A oferta, canalizada a través da unidade especializada ABANCA Agro, tamén establece unha serie de préstamos persoais, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos; liñas para favorecer o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como o leasing mobiliario e alternativas de financiamento das diferentes liñas oficiais que ABANCA subscribe con diversos organismos públicos, como o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada, as novas liñas de SAECA e ICO ou as financiacións para as instalacións dos muíños anti xeadas.
A ‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’ é outro dos puntos esenciais do acordo. Trátase dun produto deseñado para responder ás necesidades e demandas do sector do campo e permite unificar nun único contrato o financiamiento do día a día das súas explotacións agrícolas. Agrupa o anticipo das axudas da PAC, o acceso a fondos para facer fronte aos gastos de campaña e o financiamento das primas de seguros agrícolas contratados en ABANCA. Todo isto conleva un aforro nos custos e a simplificación de trámites administrativos, polo que as persoas adheridas á asociación contarán, previa solicitude e aceptación por parte de ABANCA, con fondos en función das necesidades puntuais que xurdan ao longo do ano.
O convenio tamén recolle o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, o primeiro plan de pensións simplificado para persoas traballadoras autónomas: unha solución sinxela y flexible, deseñada para complementar a xubilación do colectivo e xerar un maior aforro que os plans individuais.