• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación doan 27.000 máscaras e pantallas faciais a todas as residencias de Galicia

  • O material, que comezará a chegar a partir da próxima semana, é para os residentes e para o persoal directo dos centros
  • As pantallas faciais de protección foron fabricadas por un grupo de voluntarios de Afundación
  • Con esta doazón, ABANCA e Afundación contribúen a reforzar o material de seguridade necesario para combater a epidemia nas residencias de maiores

Voluntarios e voluntarias de Afundación no lugar no que están fabricando as pantallas faciais

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-04-2020
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web repartirán 20.000 máscaras cirúrxicas e 7.000 pantallas faciais protectoras entre todas as residencias de maiores, públicas e privadas, de Galicia. O material, que comezará a chegar a cada centro a partir da próxima semana, é para o uso dos residentes e de todo o persoal directo que traballa nas residencias.

As máscaras e as pantallas faciais protectoras repartiranse entre todos os centros de maiores en función do número de residentes e de traballadores directos que teñan. No envío de material darase prioridade a aquelas residencias impulsadas por iniciativas sociais, que son as que teñen máis dificultades para o acceso a este material de protección.

As máscaras doadas por ABANCA son cirúrxicas e coa máxima protección posible. As pantallas faciais están a ser fabricadas por un grupo de voluntarios de Afundación formado por persoal e antigos alumnos do Colexio Fogar de Vigo e por traballadores e traballadoras de Afundación. Este grupo, composto por uns 40 voluntarios, está a fabricar arredor de 1.000 pantallas diarias para doalas ás residencias de anciáns de toda Galicia.

Segundo os últimos datos, un de cada catro falecidos en Galicia por coronavirus é usuario dalgunha residencia de maiores, polo que contar con material de protección adecuado é moi importante nestes momentos. Con esta doazón, ABANCA e Afundación contribúen a reforzar o material de seguridade necesario para combater a epidemia nas residencias de maiores

Outras iniciativas

Esta iniciativa súmase a outras tomadas polo banco nas últimas semanas para tratar de paliar as consecuencias económicas, sanitarias e sociais da expansión do COVID-19. Neste sentido, ABANCA realizou hai unhas semanas a compra de 150 unidades individuais de coidados intensivos que se doaron ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), da Xunta de Galicia, para axudar a todos aqueles pacientes que ingresen con insuficiencias respiratorias.

ABANCA tamén decidiu manter os seus patrocinios en deporte base e profesional a pesar da suspensión das competicións e todos clubs recibirán nas datas previstas as cantidades estipuladas nos acordos de patrocinio que manteñen con ABANCA.

Doutra banda, no ámbito financeiro, a entidade decidiu anticipar automaticamente ao 24 de cada mes (ou seguinte día hábil) o pago de todas as pensións domiciliadas na entidade, unha media especialmente dirixida ao colectivo de clientes de maior idade. Dentro as accións financeiras, o banco tamén puxo en marcha o ’Plan Anticipar’ mediante o cal mobilizou 7.900 millóns de euros en liñas de liquidez para empresas, pemes, autónomos, negocios e comercios. Tamén no terreo do financiamento, ABANCA comezou a formalizar operacións de financiamento con aval do Estado.

ABANCA tamén participa nun seguro para protexer a 700.000 sanitarios que loitan contra o COVID-19. A póliza dará cobertura a máis de 700.000 médicos, enfermeiros, auxiliares de enfermaría, celadores e persoal de ambulancias involucrados directamente na loita contra o coronavirus en hospitais, clínicas, ambulatorios e residencias de maiores, tanto públicos como privados.

Por parte de Afundación, a Obra Social de ABANCA, púxose en marcha o portal «Afundación en casa»Serás redirixido a outro sitio web, unha web de acceso libre e gratuíto no que se envorcará durante esta etapa toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .