ABANCA e Afundación entregan o XLIII Premio Internacional de Xornalismo Julio Camba a Manuel de Lorenzo
Afundación, a Obra Social de ABANCA, resolveu hoxe o seu cuadraxésimo terceiro Premio Internacional de Periodismo Julio Camba, que recaeu en Manuel de Lorenzo Paradela, polo seu artigo «Límites», publicado en El Progreso. A cerimonia tivo lugar no Hotel Westin Palace de Madrid, nun acto presidido por Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA e patrón de Afundación, e ao que tamén asistiron Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación; Alfredo Conde, presidente do jurado; Cristina Sánchez-Andrade, Bibiana Candia, Ramón Pernas e Gervasio Posadas, vogais do xurado; e Isaac González Toribio, secretario do xurado. Estiveron tamén as tres persoas finalistas: Esther Baeza Navarro (Rosa Palo), polo seu artigo «Ex», publicado en todas as cabeceiras rexionais do Grupo Vocento; Manuel de Lorenzo Paradela, por «Límites», en El Progreso; e Alberto Olmos, por «Cuando hasta la nieve nos la tomamos personalmente», en Elconfidencial.com.
Durante a súa intervención, Juan Carlos Escotet repasou os fitos máis significativos da traxectoria persoal e profesional do escritor que se converteu «no faro indiscutible do xornalismo español do século XX» e destacou o orgullo que supón para ABANCA e Afundación, que «desde 1980, con absoluta regularidade, o Premio Internacional de Periodismo Julio Camba se dimensionase como un dos máis prestixiosos recoñecementos á profesión do xornalista no ámbito da lingua española». Ademais, fixo fincapé no especial significado que ten este galardón no contexto actual porque «navega en sentido contrario á tendencia á descualificación ou a indiferenza que se impón no noso tempo».
Manuel de Lorenzo Paradela, pola súa parte, quixo destacar «a honra que significa para min recibir este premio, estar ligado a un galardón tan prestixioso, ao nome de Julio Camba e ao nome de tantas autoras e autores fundamentais da historia do xornalismo. Os meus motivos para gañar este certame foron cambiando ao longo dos anos. Desde a necesidade de reafirmación dos meus inicios, ata unha cuestión de ego e incluso vanidade, agora, pasado o tempo, a miña motivación era a distinción do premio en si. Por todo iso, é unha honra».
Ao galardón presentáronse nesta ocasión 118 traballos enmarcados no xénero do xornalismo literario ou de opinión. Na súa nómina de persoas distinguidas co galardón encóntranse, desde a primeira edición en 1980, Gonzalo Fernández de la Mora, Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luís Pousa e Bibiana Candia, gañadora da pasada edición, a quen agora se une Manuel de Lorenzo Paradela.
«Julio Camba. O home que non quería ser nada»
Ademais da resolución, co gallo desta efeméride, Afundación organizou a mostra arredor da súa figura «Julio Camba. O home que non quería ser nada», comisariada por Aser Álvarez, para contextualizar a quen se hospedou neste hotel, de forma permanente, entre os anos 1954 e 1962. Con fotografías, cartas, documentos persoais, cubertas dos seus libros, un busto do propio Camba e caricaturas de Siro, a través dun código QR, as persoas visitantes poderán acceder aos podcasts con algúns dos artigos de Julio Camba. A exposición, que se abrirá ao público o propio día da entrega do premio, poderá visitarse ata o 16 de decembro no espazo do 1912 Museo Bar do Hotel Westin Palace. O hotel, onde residiu na última etapa da súa vida, sumouse tamén a esta homenaxe coa elaboración dun menú especial na súa honra, «as tapas de Camba», que se estreará na cerimonia de entrega do premio de Afundación.