• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación inician unha campaña solidaria do Nadal de recollida de xoguetes para as familias de Ucraína

  • O banco e a súa Obra Social abrirán a partir do venres 9 de decembro dous locais na Coruña e Vigo para recoller as doazóns
  • Calquera persoa poderá realizar a súa achega a esta iniciativa a través da web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web ata o 5 de xaneiro
  • ABANCA e Afundación contan coa colaboración de AGA-Ucraína para realizar o envío e a distribución entre as familias ucraínas

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-12-2022
RSC

ABANCA e Afundación acaban de pór en marcha unha nova edición da súa tradicional campaña solidaria do Nadal, que este ano terá como fin reunir xoguetes para enviar a Ucraína. O obxectivo é que as familias afectadas polo conflito bélico, especialmente os máis pequenos, poidan manter algunha das tradicións do Nadal máis arraigadas a pesar da terrible situación que están a vivir.

Todos os xoguetes reunidos a través da campaña doaranse á asociación AGA-Ucraína, que será quen se encargue de realizar a distribución entre as familias de Ucraína en colaboración coas organizacións que traballan sobre o terreo.

O camión cos agasallos partirá o día 23 de decembro e nel tamén se enviarán produtos de primeira necesidade para a poboación, como mantas, roupa de abrigo ou alimentos procedentes das doazóns realizadas nas últimas semanas a AGA-Ucraína e almacenadas na nave do Polígono de Pocomaco cedida por ABANCA á asociación.

Recollida de xoguetes na Coruña e Vigo

As persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poderán facelo de dúas maneiras. Por unha banda, o banco e a súa Obra Social habilitaron dous locais físicos na Coruña e Vigo para recoller as doazóns que realicen os seus empregados, os seus clientes ou calquera outro cidadán que queira colaborar con esta acción. Todos os xoguetes deben ser novos e estar empaquetados.

O local da Coruña está situado na rúa Juana de Vega, 35, esquina Praza de Pontevedra, e o de Vigo na rúa Policarpo Sanz, 17. Ambos os dous espazos permanecerán abertos ao público desde o venres 9 de decembro ata o xoves 22 de decembro, de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Durante a duración da campaña, os locais estarán atendidos por persoas voluntarias de ABANCA, Afundación e AGA-UcraínaSerás redirixido a outro sitio web, a entidade beneficiaria da iniciativa.

Doazóns online

As personas que non poidan achegarse a estes espazos físicos pero desexen realizar unha achega, poderán realizar unha doazón económica a través da web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web. Esta canle estará aberta desde o 5 de decembro ata o 5 de xaneiro.

Neste caso, os fondos recadados ata o 22 de decembro destinaranse á compra de lotes de xoguetes que se sumarán aos obtidos a través das doazóns nos locais. O resto do diñeiro entregarase a Cruz Vermella e Save the Children, para o desenvolvemento dos proxectos que teñen en marcha en Ucraína e os países limítrofes co fin de atender as necesidades da poboación civil que segue no país e das persoas refuxiadas.

Tamén é posible realizar donativos mediante transferencia á conta solidaria habilitada por ABANCA ES80 2080 7208 3385 3000 7122.

Apoio a Ucraína

ABANCA e Afundación colaboran con AGA-Ucraína desde o inicio da guerra. O banco facilitou á organización unha nave na Coruña para o seu uso como sede operativa e almacén de axuda humanitaria e financiou o transporte de catro camións con 92 toneladas de produtos de primeira necesidade. Ademais, a súa Obra Social organizou campamentos de verán infantís e xuvenís nas súas instalacións e concertos benéficos, entre outras accións.

ABANCA e Afundación tamén manteñen aberta unha conta solidaria para recadar fondos destinados aos proxectos nos que traballan Cruz Vermella e Save the Children para paliar as consecuencias da crise humanitaria, con especial atención á infancia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .