• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación reciben o premio ‘Finanzas para todos’ do Banco de España e CNMV polo seu programa Segura-Mente ABANCA

  • Esta iniciativa de educación financeira que desenvolven o banco e a súa Obra Social ten como obxectivo achegar ás aulas as finanzas aplicadas á vida real a través dun xogo ameno e divertido
  • Nas tres edicións do programa participaron máis de 190.000 escolares de entre 6 e 17 anos de todo o territorio español

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

10-09-2021
RSC

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, foron galardoadas polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de ValoresSerás redirixido a outro sitio web (CNMV) co premio 'Finanzas para todos', na categoría de 'mellor iniciativa de educación financeira', polo seu programa Segura-Mente ABANCA.

Estes premios, convocados no marco do Plan de Educación Financeira, recoñecen aquelas accións educativas desenvolvidas en España que contribúan de maneira significativa á mellora dos coñecementos financeiros dos cidadáns, ensinen a tomar decisións financeiras informadas e desenvolvan hábitos e competencias relacionados co aforro e a planificación do gasto.

Segura-Mente ABANCASerás redirixido a outro sitio web forma parte do programa de educación financeira que impulsan o banco e a súa Obra Social e ten como obxectivo achegar ás aulas de todo o territorio español a educación financeira aplicada á vida real.

Durante o curso 2020-2021 desenvolveuse a terceira edición do programa, na que se propuxo ao alumnado vivir unha experiencia inmersiva percorrendo de forma virtual o Camiño de Santiago, con motivo do ano Xacobeo, aprendendo sobre finanzas pero tamén sobre historia, arte ou literatura. En total, nas tres edicións da convocatoria participaron máis de 190.000 estudantes de entre 6 e 17 anos.

O Banco de España e a CNMV destacaron que esta iniciativa facilita á comunidade educativa “ferramentas innovadoras coas que abordar a educación financeira, axustándose ao currículo vixente”.

Ademais, as entidades supervisoras valoraron que o programa “deu a oportunidade aos estudantes de enfrontarse á toma de decisións propias da planificación dunha viaxe e aos imprevistos que poden xurdir, conseguindo integrar a educación financeira nos aspectos cotiáns da nosa vida e combinala con outros coñecementos como os relativos á sustentabilidade”.

O premio ‘Finanzas para todos’ é o segundo recoñecemento que recibe este ano o programa ‘Segura-Mente ABANCA’. O pasado mes de xuño tamén foi galardoado pola CECA co Premio Especial do Xurado para Educación Financeira nos seus Premios de obra social e educación financeira 2019-2020.

Programa de educación financeira de ABANCA e Afundación

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, desenvolven un amplo programa de educación financeira que se caracteriza por ser universal e inclusivo, cunha ampla variedade de actividades dirixidas a mellorar a cultura financeira dos diferentes colectivos sociais, con especial atención ás persoas maiores e os escolares.

No caso das persoas de maior idade, as propostas van dirixidas a mellorar a cultura financeira xeral deste grupo, así como a favorecer a súa dixitalización e que poidan utilizar as novas tecnoloxías, como a banca móbil ou os dispositivos de autoservizo, para realizar as súas xestións financeiras e mellorar o control da súa economía persoal e familiar. O 98% dos cursos céntranse na banca móbil e nos caixeiros automáticos.

Entre as actividades organizadas destacan os cursos ‘Xestiona as túas contas con ABANCA móbil’ ou ‘Banca 24 h para unha vida máis fácil’, nos que se lles explican as posibilidades que ofrecen a banca móbil e os caixeiros automáticos para que poidan gañar seguridade, autonomía e decidir cando e onde queren realizar as operacións financeiras máis habituais. Desde 2017 realizáronse preto de 300 cursos nos que participaron ao redor de 2.000 maiores. Os cursos realízanse en colaboración cos once Espazos +60 que a Obra Social ABANCA ten nas principais cidades galegas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .